martes, 29 de marzo de 2022

O SUBXUNTIVO

 Boas tardes a todos!

Como seguramente xa redes estudado o indicativo, imos co resto dos modos verbais en galego:

O subxuntivo é o modo que empregamos cando queremos expresar:

  • desexos: Oxalá chova, que fai falta a auga!
  • dúbidas: Pode que teña que adiar o exame.
  • ordes negativas: Non fales so!
O subxuntivo en galego presenta tres tempos:

  • Presente: para indicar que o feito ocorre no momento en que se fala.



  • Pretérito: o pretérito de subxuntivo non indica tempo pasado, Trátase dun tempo que se caracteriza pola terminación -ase/ese/ise (por exemplo: cantase, comese, vivise).
Este tempo non implica que o feito teña ocorrido nun tempo pasado, pode ter sentido de pasado, presente ou futuro:

  • Pasado: A miña empresa pediume onde que probara a traballar dende casa unha semana.
  • Presente: Oxalá traballara aínda desde casa.
  • Futuro: Dubido moito que me cansara algunha vez de vivir no campo




  • Futuro de subxuntivoeste tempo verbal está case perdido na fala, tal vez por presión do castelán, pero:
- consérvase en frases feitas e refráns: veña o ben e veña por onde quixer
- estase a recuperar sobre todo na lingua literaria e en rexistros formais da escrita documental xurídica e administrativa: os que botaren o lixo fóra dos colectores, serán multados.

Coincide co infinitivo conxugado nos verbos regulares, mais non nos irregulares. Ten un significado máis ben hipotético e adoitámolo encontrar en refráns e na linguaxe xurídico-administrativa.

Localiza os futuros de subxuntivo dos seguintes textos:

Como sementares e estercares, así collerás cando segares.

Se contra os devanditos procedementos se opuxeren reclamacións por persoa que non tiver ningunha responsabilidade coa Facenda Pública, suspenderanse os procedementos.




EXERCICIOS:

  • COMPLETA O ESQUEMA QUE INICIAMOS CO MODO INDICATIVO, CON ESTES TRES TEMPOS DO MODO SUBXUNTIVO.
  • ESTUDA O MODO SUBXUNTIVO  
  • ENGADE 5 TEMPOS VERBAIS DO SUBXUNTIVO AOS 1O QUE XA TES DO INFINITIVO PARA PREGUNTAR AOS COMPAÑEIROS.




Logros e retos da UE