domingo, 25 de septiembre de 2016

OS MOVEMENTOS DA TERRA



A Terra ten forma dunha esfera achatada nos polos e realiza dous movementos:
  • Rotación. A Terra xira sobre si mesma arredor dun eixe imaxinario. Dá unha volta completa de oeste a leste cada 23 horas, 56 minutos e 4 segundos.
Este movemento orixina os días e as noites.
  • Translación. A Terra xira arredor do Sol nunha órbita elíptica. Neste movemento emprega 365 días 5 horas 48 minutos 45 segundos.
O ano oficial ten 365 días, e por iso cada catro anos corríxese o desfasamento engadindo un día ao mes de febreiro; é o ano bisesto.

 O movemento de translación arredor do Sol e a inclinación do eixe terrestre (ángulo de 23º 27´) orixinan as catro estacións: primavera, verán, outono e inverno.




Equinocios e solsticios

Non habería estacións se o Sol se atopase sempre no plano do ecuador. Esta circunstancia dáse, con todo, dúas veces ao ano, nos equinoccios de primavera e outono: 21 de marzo e 23 de setembro, respectivamente. Nos equinoccios a duración do día é igual á da noite.

Pola contra, a maior diferenza prodúcese nos solsticios do verán (día máis longo) e do inverno (a noite máis longa).

Estas variacións son contrarias nos hemisferios norte e sur, de xeito que cando é verán no norte é inverno no sur, e viceversa.



No seu movemento de translación arredor do Sol, a Terra ocupa catro posicións que marcan o comezo de cada estación: dous equinoccios e dous solsticios.








NESTA PÁXINA podes realizar diferentes actividades sobre este tema.
E nesta outra, un xogo!

E en Pinterest un montón de ideas para realizar a nosa maqueta do sistema solar.


TWITS AND SHOUT: Vídeo y partituras instrumentación

































jueves, 22 de septiembre de 2016

APLICACIONES (GRATUITAS) SISTEMA SOLAR


Google Sky Map es un mapa celeste que muestra objetos como las estrellas, las constelaciones, las galaxias, los planetas o la Luna. Para utilizar Google Sky Map puedes acceder desde tu navegador de internet o descargar la aplicación a tu dispositivo.

Otras aplicaciones gratuitas que puedes obtener para tus observaciones astronómicas o para obtener más datos sobre el firmamento son:


SKY MAP

MAPA ESTELAR

SkEye | Astronomy

 Sky Map of Constellations

The Night Sky Lite

miércoles, 14 de septiembre de 2016

Benvida



Benvidos ao blogue de aula do quinto curso do CEIP Manuel Mallo Mallo de Nadela.

Este blogue nace coa finalidade de proporcionar ao alumnado un medio de ensinanza-aprendizaxe enriquecedor, un instrumento práctico que emprega internet con fins educativos e culturais e como complemento doutros medios de información e coñecemento.

O traballo no blogue permite acadar unha serie de obxectivos que non resultan doados de conquerir por outros medios: 
  • facilita o acceso á información,
  • enriquece e favorece o proceso educativo,
  • desenvolve a competencia dixital,
  • abre espazos novos de comunicación e interacción,
  • permite e favorece o traballo cooperativo e en rede, no que os nenos participan activamente na elaboración da súa propia aprendizaxe, 
  • mellora a comunicación oral e escrita, desenvolvendo a competencia lingüística,
  • propón outra forma de avaliación dos coñecementos,
  • propicia o debate intelectual como xeito de expresar coñecementos, e a adquisición do hábito da crítica constructiva,
  • resulta un fascinante elemento motivador da aprendizaxe.
Aquí poderedes atopar recursos de interese disponibles en internet, traballos do profesorado e do alumnado, contidos elaborados polos nenos, expresións e emocións a través de diferentes linguaxes, comentarios, opinións e críticas construtivas, investigacións, análises, exercicios...

Agardamos as túas visitas e comentarios. Axúdasnos a facer deste blogue una ferramenta útil?




Logros e retos da UE