martes, 26 de septiembre de 2017

CLIMA E VEXETACIÓN DE EUROPA

A meirande parte de Europa atópase dentro da zona temperada do hemisferio norte, aínda que tamén hai zonas frías ao norte e algún punto  de clima subtropical.

Distinguimos seis tipos de climas en Europa:

  • CLIMA OCEÁNICO OU ATLÁNTICO: Esténdese polo oeste de Europa, polas Illas Británicas e por gran parte da zona do Danubio. Caracterízase por ter temperaturas suaves e precipitacións abundantes durante todo o ano. A vexetación está formada por bosques de folla caduca, como faias, carballos, castiñeiras e grandes pradeiras naturais.
  • CLIMA CONTINENTAL: esténdese polo centro e leste de Europa. Ten temperaturas extremas: moi frías en inverno e calurosas no verán. As precipitacións son escasas. Na vexetación predominan as pradeiras, as estepas (con escasa vexetación), e nas rexións máis frías é característica a taiga (bosque de pinos e abetos).
  • CLIMA MEDITERRÁNEO: ocupa as zonas costeiras do sur de Europa. caracterízase por ter temperaturas suaves en inverno e cálidas no verán, e precipitacións escasas e irregulares concentradas en primavera e outono. A vexetación  está formada por bosques de folla perenne comoa encina, o alcornoque e o pinoç; e matorrais como o romero.
  • CLIMA POLAR: ocupa o norte de europa. As temperaturas son moi baixas durante todo o ano e as precipitacións escasas. a paisaxe predominante é a tundra cunha vexetación formada por musgos e líquenes.
  • CLIMA DE MONTAÑA: localízase nas cimas dos grandes sistemas montañosos de Europa. Os invernos son moi fríos e os veráns suaves. As precipitacións abundantes, normalmente en forma de neve. a vexetación é escasa e está formada por bosques e prados.
  • CLIMA SUBTROPICAL: propio das illas Canarias. Caracterízase por ter as temperaturas suaves e precipitacións moi escasas. A vexetación é rica en especies autóctonas como o pino canario e o drago.



viernes, 22 de septiembre de 2017

Hidrografía de Europa

Hidrografía de Europa

Océanos e mares

Europa está rodeada de océanos e mares. Os Océanos Glacial Ártico e Atlántico, cos seus fortes os oleaxes e mareas, modelan as costas do norte e do oeste do continente.

Os mares que rodean Europa son:

  • Mar de Noruega
  • Mar de Barents
  • Mar do Norte
  • Mar Cantábrico
  • Mar Mediterráneo
  • Mar Tirreno
  • Mar Adriárico
  • Mar Jónico
  • Mar Exeo


Tamén hai dous mares interiores:

  • Mar Negro 
  • Mar Caspio


Ríos Europeos

As características dos ríos Europeos están determinados polas diversas formas do relevo e as condicións climáticas do continente. Unha gran maioría dos ríos de Europa son navegables.

Clasificámolos en:

  • Vertente ártica: moi caudalosos e conxelados en inverno. Os máis longos sono río Pechora e o Dvina Septentrional
  • Vertente atántica: Os máis caudalosos de Europa, xa que atravesas zonas de fortes chuvias. Destacan o Dvina occidental, o Vístula, o Óder, o Elba, o Rin, o Loira e o Texo.
  • Vertente Mediterránea: pouco caudalosos e irregulares pola estiaxes do verán. Destacan o Ebro, o Ródano e o Po.
  • Vertente do Mar Negro: Moi longos e caudalosos, por iso son navegables. Destacan o Danubio, o Dniéper e o Dniéster
  • Vertente do Mar Caspio: Longos e moi caudalosos. O máis longo do continente europeo atópase nesta vertente: o Volga
Lagos de Europa

En Europa existen numerosos lagos. Agrupámolos pola súa localización en tres grupos:


  • Lagos do norte: Localizados en Suecia, Noruega, Finlandia e Rusia. Destacan o lago Ónega e Ladoga, en Rusia e o lago Vattern en Suecia.
  • Lagos do sur: pequenos e pouco profundos, como a Albufera de Valencia e o lago de Bañoles.
  • Lagos alpinos: nas montañas dos Alpes.





Logros e retos da UE