sábado, 29 de abril de 2017

AVISO



O vendeiro martes dous de maio, 
é día NON LECTIVO
elixido e aprobado polo Claustro e o Consello Escolar.





Rebumbio matemático


Onte, venres 28 de abril, alguns compañeiros de 6º de primaria participaron na XVII edición do Rebumbio Matemático.


Trátase dunha actividade que tenta fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo. As actividades matemáticas a desenvolver serán variadas, alternándose as de tipo manipulativo coas de dedución e razoamento, de xeito que motiven aos participantes e coa finalidade de contribuír á mellora da educación en xeral, e do proceso de ensinanza - aprendizaxe das matemáticas en particular.

Moita sorte a Alba, Pablo e Sergio!
 

miércoles, 19 de abril de 2017

A MATERIA E AS SÚAS PROPIEDADES



MATERIA é todo o que ten masa e ocupa un lugar no espazo.

Se a materia ten masa e ocupa un lugar no espazo significa que é cuantificable, é dicir, que se pode medir. 

Todo canto podemos imaxinar, dende un libro, un auto, o computador e ata a cadeira en que nos sentamos e a auga que bebemos, ou mesmo algo intanxible como o aire que respiramos, está feito de materia. 

Os planetas do Universo, os seres vivos como os insectos e os obxectos inanimados como as rochas, están tamén feitos de materia. 

De acordo a estes exemplos, no mundo natural existen distintos tipos de materia, a cal pode estar constituída por dous ou máis materiais diferentes, tales como o leite, a madeira, un anaco de granito, o azucre, etc. 

Se un anaco de granito se moe, obtéñense diferentes tipos de materiais 

A cantidade de materia dun corpo vén dada pola súa masa, a cal se mide normalmente en quilogramos ou en unidades múltiplo ou submúltiplo desta (en química, a miúdo mídese en gramos). 

A masa representa unha medida da inercia ou resistencia que opón un corpo a acelerarse cando se acha sometido a unha forza. 

Esta forza pode derivarse do campo gravitatorio terrestre, e neste caso denomínase peso. (A masa e o peso confúndense a miúdo na linguaxe corrente; non son sinónimos). 

Volume dun corpo é o lugar ou espazo que ocupa. Existen corpos de moi diversos tamaños. Para expresar o volume dun corpo utilízase o metro cúbico (m³) e demais múltiplos e submúltiplos









miércoles, 5 de abril de 2017

San Xurxo, o dragón e a Princesa


Á volta das vacacións de Semana santa, imos representar para os máis pequenos do cole, a lenda de San Xurxo e o dragón, como un dos actos de conmmemoración do Día do Libro.
Tamén realizaremos con eles esta manualidade, de modo que ide gardando os rollos de PH para que teñamos suficientes. O resto do material xa o teremos na aula.

lunes, 3 de abril de 2017

De viaxe por Europa

Á volta das vacacións de Semana Santa, imos de viaxe por Europa, unha semana a cada país.

  • Onde vou?
  • Con quen vou?
  • Cantos cartos me fan falta?
  • Como chego?
  • Necesito pasaporte?
  • Onde me aloxo?
  • Que idioma falan?
  • Como é o país?
  • Que roupa teño que levar?
  • Que lugares teño que visitar?



Europa










Logros e retos da UE