MATERIA é todo o que ten masa e ocupa un lugar no espazo.
Se a materia ten masa e ocupa un
lugar no espazo significa que é
cuantificable, é dicir, que se pode
medir.
Todo canto podemos imaxinar,
dende un libro, un auto, o
computador e ata a cadeira en que
nos sentamos e a auga que
bebemos, ou mesmo algo intanxible como o aire que respiramos, está feito
de materia.
Os planetas do Universo, os seres vivos como os insectos e os obxectos
inanimados como as rochas, están tamén feitos de materia.
De acordo a estes exemplos, no mundo natural existen distintos tipos de
materia, a cal pode estar constituída por dous ou máis materiais diferentes,
tales como o leite, a madeira, un anaco de granito, o azucre, etc.
Se un
anaco de granito se moe, obtéñense diferentes tipos de materiais
A cantidade de materia dun corpo vén dada pola súa masa, a cal se mide
normalmente en quilogramos ou en unidades múltiplo ou submúltiplo desta
(en química, a miúdo mídese en gramos).
A masa representa unha medida
da inercia ou resistencia que opón un corpo a acelerarse cando se acha
sometido a unha forza.
Esta forza pode derivarse do campo gravitatorio
terrestre, e neste caso denomínase peso. (A masa e o peso confúndense a
miúdo na linguaxe corrente; non son sinónimos).
Volume dun corpo é o lugar ou espazo que ocupa. Existen corpos de moi
diversos tamaños. Para expresar o volume dun corpo utilízase o metro
cúbico (m³) e demais múltiplos e submúltiplos
No hay comentarios:
Publicar un comentario