Onte, venres 28 de abril, alguns compañeiros de 6º de primaria participaron na XVII edición do Rebumbio Matemático.
Trátase dunha actividade que tenta fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo. As actividades matemáticas a desenvolver serán variadas,
alternándose as de tipo manipulativo coas de dedución e razoamento, de xeito que motiven aos
participantes e coa finalidade
de contribuír á mellora da educación en xeral, e do proceso de ensinanza - aprendizaxe das
matemáticas en particular.
Moita sorte a Alba, Pablo e Sergio!
No hay comentarios:
Publicar un comentario