domingo, 16 de octubre de 2016

Función de reproducción





FUNCIÓN DE NUTRICIÓN

Un organismo é a unión de células, tecidos, órganos, sistemas e aparellos que, actuando coordinadamente, realizan con eficacia todas as funcións vitais.
A enorme cantidade de actividades que desenvolve un organismo pódese reunir en tres grupos, que reciben o nome de funcións vitais. As funcións vitais do corpo humano son:
  • Función de nutrición, mediante á cal o organismo obtén e aproveita os alimentos para repor a materia e enerxía perdidas. Na función de nutrición participan o aparello dixestivo, o aparello respiratorio, o aparello circulatorio e o aparello excretor.
  • Función de relación, por medio da cal o organismo toma contacto co seu medio e reacciona ante as variacións deste. O aparello locomotor, o sistema nervioso e o conxunto de glándulas endócrinas que hai no corpo humano participan activamente na función de relación.
  • Función de reprodución, grazas á cal o organismo dá lugar a outros semellantes a el e asegura o mantemento da especie. Esta función é realizada polo aparello reprodutor
A NUTRICIÓN HUMANA é un proceso no que interveñen catro aparellos:
  • Aparello dixestivo:ocúpase da dixestión mecánica e química dos alimentos.
  • Aparello respiratorio: capta osíxeno do aire necesario para a oxidación dos alimentos
  • Aparello circulatorio: reparte a todas as células as substancias alimenticias que resultan da dixestión de alimentos e o osíxeno captado polo aparello respiratorio.
  • Aparello excretor: ocúpase da micción, aínda que na excreción tamén colaboran o aparello dixestivo, coa defecación, e a pel, coa sudación.


O aparello dixestivo consta de tubo dixestivo e glándulas dixestivas.
  • Tubo dixestivo: está formado pola boca, a farinxe, o esófago, o estómago, o intestino delgado, o intestino groso e o ano.
  • Glándulas dixestivas: son un conxunto de glándulas encargadas de producir os zumes dixestivos necesarios para a dixestión química dos alimentos no interior do tubo dixestivo. Estas son:
  • Glándulas salivares: producen a saliva, o primeiro zume dixestivo que actúa sobre os alimentos. Están situadas na boca.
  • Glándulas gástricas: producen o zume gástrico, composto principalmente por ácido clorhídrico e pepsina, un enzima que descompón as proteínas.
  • Fígado: ten varias funcións, entre elas eliminar toxinas e formar a bile, que se almacena na vesícula biliar. A bile ocúpase de disolver as graxas.
  • Páncreas: segrega o zume pancreático que se encarga de descompor varios nutrientes e insulina, unha hormona encargada do metabolismo do azucre.
  • Glándulas intestinais: producen zume intestinal que contén varios enzimas que completan a dixestión do amidón e as proteínas.


O aparello respiratorio está formado polas vías respiratorias e os pulmóns. A súa función é captar o osíxeno O2 que o noso corpo necesita e desprender o dióxido de carbono CO2que produce. As vías respiratorias son as fosas nasais, a farinxe, a larinxe a traquea e os bronquios. A súa función é conducir o aire ata os pulmóns.
  • Fosas nasais: son a vía de entrada e saída do aire. A súa principal función é limpar, quentar e humedecer o aire antes de que chegue aos pulmóns.
  • Farinxe: é unha cavidade común ao aparello dixestivo e respiratorio.
  • Larinxe: contén as cordas vocais, o noso aparello de fonación.
  • Traquea: ten 12 cm de lonxitude e está situada diante do esófago. Divídese en dúas pólas chamadas bronquios.
  • Bronquios: penetran nos pulmóns tamén se ramifican (dúas pólas no bronquio esquerdo e tres no dereito) ata rematar en tubiños moi finos chamados bronquíolos.
  • Bronquíolos: son uns tubiños moi finos en que se dividen os bronquios. Rematan nuns saquiños irregulares chamados alvéolos.
  • Alvéolos: neles prodúcese o paso do osíxeno do aire ao sangue e do dióxido de carbono desde o sangue ao aire.
  • Pulmóns: están constituídos polo conxunto dos bronquíolos, os alvéolos e os vasos sanguíneos que os rodean. O pulmón dereito é maior que o pulmón esquerdo. O primeiro está dividido en tres lóbulos (superior, medio e inferior) e o segundo en dous (superior e inferior). Os pulmóns son órganos moi delicados que están protexidos pola pleura e a caixa torácica. O diafragma é un músculo plano que fai de base da caixa separando o tórax do abdome.

Nos seres humanos o aparello circulatorio ten dous compoñentes: o sistema sanguíneo e o sistema linfático.

Sistema sanguíneo

Está formado polo sangue, os vasos sanguíneos e o corazón.
  • O sangue está formado por unha parte líquida, chamada plasma, na que están os glóbulos vermellos, encargados do transporte de osíxeno desde os pulmóns a todos os órganos e tecidos do corpo, os glóbulos brancos, encargados da defensa do organismo fronte ás infeccións, e as plaquetas, que teñen por misión a coagulación do sangue cando se produce a rotura dun vaso sanguíneo.
  • Os vasos sanguíneos poden ser de tres tipos: arterias, veas e capilares.
–      As arterias son os vasos que conducen o sangue desde o corazón aos órganos.
–      As veas son os vasos que levan o sangue de volta desde os órganos ata o corazón.
–      Os capilares son os vasos que conectan as arterias coas veas.
  • O corazón está feito do tecido muscular cardíaco, ou miocardio, que se contrae e relaxa ritmicamente de xeito continuo. Ten catro compartimentos, dous superiores, chamados aurículas, e dous inferiores, ou ventrículos A contracción do corazón chámase sístole e a súa relaxación diástole.

Sistema linfático

Está formado polos ganglios linfáticos, os vasos linfáticos. e un líquido que circula polos vasos, chamado linfa.
  • A linfa é un liquido abrancazado que contén plasma e glóbulos brancos. Recorre o corpo a través dos vasos linfáticos.
Os ganglios linfáticos son uns corpos de forma parecida á dun chícharo, cun tamaño que oscila entre 1 mm e 2 cm e que conteñen un gran número de glóbulos brancos. Están distribuídos ao longo dos vasos linfáticos, pero son máis abundantes en determinadas zonas do corpo, como as inguas, as axilas e o pescozo.


A función excretora abrangue os procesos mediante os cales o organismo expulsa as substancias prexudiciais que se produciron no metabolismo. Os produtos de excreción máis importantes son:
  • Dióxido de carbono, CO2: eliminado polo aparello respiratorio.
  • Suor: eliminada polas glándulas sudoríparas da pel.
  • Urina: eliminada polo aparello urinario.

Órganos do aparello excretor

  • Riles: actúan como filtros. Son os encargados de limpar o sangue de substancias tóxicas, como a urea, que son expulsadas a través da urina.
  • Uréteres: son os condutos que conectan os riles coa vexiga.
  • Vexiga: é un órgano oco que serve para acumular os ouriños.
  • Uretra: é un tubo que conduce a urina desde a vexiga ata o exterior durante a micción.

lunes, 3 de octubre de 2016

CAPAS DA TERRA

Dentro da terra podemos observar unha serie de capas que se foron formando pouco a pouco durante millóns de anos. Cada capa interna da terra ten unha composición de materiais, minerais e rochas diferentes. Tamén teñen profundidades, temperatura e presión distintas.








No noso planeta podemos distinguir tres capas: Xeosfera,  Hidrosfera y Atmosfera.
  • A Xeosfera  é a parte sólida da Terra; nela distinguimos a corteza (ou litosfera) o manto e o núcleo.
  • Hidrosfera é a masa de agua que cobre a Terra. Está formada polos océanos, ríos, lagos, augas subterráneas, glaciares e nubes.
  • Atmosfera é a  capa de aire que envolve a Terra. Está formada á súa vez por varias capas: as máis próximas á Terra son a Troposfera e a Estratosfera. As máis alonxadas son a Ionosfera, a Mesosfera, a Termosfera e a Exosfera.

Actividades para aprender máis:






Os movementos da lúa


O noso único satélite natural é a Lúa. A súa superficie presenta numerosos cráteres de impacto e outras formas de relevo que permanecen inalteradas ao longo do tempo porque non ten atmosfera. Non se coñece a súa orixe pero a teoría máis aceptada indica que procede dun fragmento terrestre desprendido a consecuencia do impacto dun planetoide coa Terra. 

Debido a que a Lúa tarda o mesmo tempo en dar unha volta sobre si mesma ca en dar unha volta arredor da Terra, sempre mostra a mesma cara; por tanto só vemos unha parte da Lúa, permanecendo a outra sempre oculta. Ademais, a Lúa reflicte a luz do Sol polo que dependendo da situación relativa dela con respecto a nós verémola iluminada totalmente ou en parte. Prodúcense así as fases lunares que varían ciclicamente cada 28 días. 


A cara oculta da Lúa e as fases lunares son a consecuencia dos movementos de translación e rotación da Lúa.

A rotación lunar é o movemento de xiro sobre si mesma cunha duración aproximada de 28 días . A translación é o movemento de xiro arredor da Terra, e tamén tarda 28 días en completalo. Ámbolos dous prodúcense no mesmo sentido.

Efectos da Lúa sobre a Terra

Dende a antigüidade crese que a Lúa ten efectos sobre a Terra e os organismos vivos. Tradicionalmente utilízanse as fases lunares como referente para escoller o momento de sementar ou de matar o porco e incluso se relaciona o ciclo lunar co ciclo menstrual das mulleres. Hai moitos estudos que apuntan a que o ciclo vital de moitas especies de animais e vexetais está influído pola Lúa. A maioría destes efectos non están demostrados cientificamente pero outros si, como son as mareas.

As mareas.

Entre a Terra e a Lúa existe unha gran forza de atracción gravitacional; as masas da Terra e a Lúa atráense pero non apreciamos o efecto en materiais ríxidos que non se deforman. Porén, as masas de auga dos mares e océanos sofren a atracción desprazándose e provocando ascensos e descensos do nivel do mar, as mareas.

A elevación no nivel do mar denomínase preamar e a súa diminución baixamar. As preamares e baixamares altérnanse ciclicamente cada 6 horas polo que cada día hai dúas preamares e dúas baixamares.

As preamares prodúcense nas zonas onde a Lúa está máis próxima á Terra e máis afastada seguindo o mesmo eixe. Nas zonas perpendiculares produciranse as baixamares.

As mareas non sempre teñen a mesma amplitude ao longo do ano. Chamámoslle mareas vivas ás de máxima amplitude e mortas ás que apenas cambian o seu nivel de preamar e baixamar. As mareas vivas prodúcense ao sumarse a forza de atracción solar á lunar cando están en liña a Terra, a Lúa e o Sol. Pola contra, cando o Sol está perpendicular ao eixo Terra-Lúa danse as mareas mortas.

As eclipses

A ocultación dun astro por outro denomínase eclipse. Dende a Terra as eclipses que podemos ver a simple vista son as da Lúa e do Sol.

Eclipse de Sol. Prodúcese pola interposición da Lúa entre a Terra e o Sol, ocultándoo total ou parcialmente; no primeiro caso falamos de eclipse total e no segundo de eclipse parcial.

Eclipse de Lúa. Prodúcese polo interposición da Terra entre o Sol e a Lúa, producindo o escurecemento desta última. Isto só ocorre cando os tres astros están en liña polo que só é posible durante a fase de Lúa chea. Tamén pode ser total ou parcial. 


Máis información sobre o nos satélite:






Logros e retos da UE