martes, 26 de septiembre de 2017

CLIMA E VEXETACIÓN DE EUROPA

A meirande parte de Europa atópase dentro da zona temperada do hemisferio norte, aínda que tamén hai zonas frías ao norte e algún punto  de clima subtropical.

Distinguimos seis tipos de climas en Europa:

  • CLIMA OCEÁNICO OU ATLÁNTICO: Esténdese polo oeste de Europa, polas Illas Británicas e por gran parte da zona do Danubio. Caracterízase por ter temperaturas suaves e precipitacións abundantes durante todo o ano. A vexetación está formada por bosques de folla caduca, como faias, carballos, castiñeiras e grandes pradeiras naturais.
  • CLIMA CONTINENTAL: esténdese polo centro e leste de Europa. Ten temperaturas extremas: moi frías en inverno e calurosas no verán. As precipitacións son escasas. Na vexetación predominan as pradeiras, as estepas (con escasa vexetación), e nas rexións máis frías é característica a taiga (bosque de pinos e abetos).
  • CLIMA MEDITERRÁNEO: ocupa as zonas costeiras do sur de Europa. caracterízase por ter temperaturas suaves en inverno e cálidas no verán, e precipitacións escasas e irregulares concentradas en primavera e outono. A vexetación  está formada por bosques de folla perenne comoa encina, o alcornoque e o pinoç; e matorrais como o romero.
  • CLIMA POLAR: ocupa o norte de europa. As temperaturas son moi baixas durante todo o ano e as precipitacións escasas. a paisaxe predominante é a tundra cunha vexetación formada por musgos e líquenes.
  • CLIMA DE MONTAÑA: localízase nas cimas dos grandes sistemas montañosos de Europa. Os invernos son moi fríos e os veráns suaves. As precipitacións abundantes, normalmente en forma de neve. a vexetación é escasa e está formada por bosques e prados.
  • CLIMA SUBTROPICAL: propio das illas Canarias. Caracterízase por ter as temperaturas suaves e precipitacións moi escasas. A vexetación é rica en especies autóctonas como o pino canario e o drago.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Logros e retos da UE