Este blogue nace coa finalidade de proporcionar ao alumnado un medio de ensinanza-aprendizaxe enriquecedor, un instrumento práctico que emprega internet con fins educativos e culturais e como complemento doutros medios de información e coñecemento.
O traballo no blogue permite acadar unha serie de obxectivos que non resultan doados de conquerir por outros medios:
- facilita o acceso á información,
- enriquece e favorece o proceso educativo,
- desenvolve a competencia dixital,
- abre espazos novos de comunicación e interacción,
- permite e favorece o traballo cooperativo e en rede, no que os nenos participan activamente na elaboración da súa propia aprendizaxe,
- mellora a comunicación oral e escrita, desenvolvendo a competencia lingüística,
- propón outra forma de avaliación dos coñecementos,
- propicia o debate intelectual como xeito de expresar coñecementos, e a adquisición do hábito da crítica constructiva,
- resulta un fascinante elemento motivador da aprendizaxe.
Aquí poderedes atopar recursos de interese disponibles en internet, traballos do profesorado e do alumnado, contidos elaborados polos nenos, expresións e emocións a través de diferentes linguaxes, comentarios, opinións e críticas construtivas, investigacións, análises, exercicios...
Agardamos as túas visitas e comentarios. Axúdasnos a facer deste blogue una ferramenta útil?
No hay comentarios:
Publicar un comentario