miércoles, 26 de octubre de 2016
lunes, 24 de octubre de 2016
domingo, 16 de octubre de 2016
FUNCIÓN DE NUTRICIÓN
Un organismo é a unión de células, tecidos, órganos, sistemas e aparellos que, actuando coordinadamente, realizan con eficacia todas as funcións vitais.
A enorme cantidade de actividades que desenvolve un organismo pódese reunir en tres grupos, que reciben o nome de funcións vitais. As funcións vitais do corpo humano son:- Función de nutrición, mediante á cal o organismo obtén e aproveita os alimentos para repor a materia e enerxía perdidas. Na función de nutrición participan o aparello dixestivo, o aparello respiratorio, o aparello circulatorio e o aparello excretor.
- Función de relación, por medio da cal o organismo toma contacto co seu medio e reacciona ante as variacións deste. O aparello locomotor, o sistema nervioso e o conxunto de glándulas endócrinas que hai no corpo humano participan activamente na función de relación.
- Función de reprodución, grazas á cal o organismo dá lugar a outros semellantes a el e asegura o mantemento da especie. Esta función é realizada polo aparello reprodutor
A NUTRICIÓN HUMANA é un proceso no que interveñen catro aparellos:
- Aparello dixestivo:ocúpase da dixestión mecánica e química dos alimentos.
- Aparello respiratorio: capta osíxeno do aire necesario para a oxidación dos alimentos
- Aparello circulatorio: reparte a todas as células as substancias alimenticias que resultan da dixestión de alimentos e o osíxeno captado polo aparello respiratorio.
- Aparello excretor: ocúpase da micción, aínda que na excreción tamén colaboran o aparello dixestivo, coa defecación, e a pel, coa sudación.
O aparello dixestivo consta de tubo dixestivo e glándulas dixestivas.
- Tubo dixestivo: está formado pola boca, a farinxe, o esófago, o estómago, o intestino delgado, o intestino groso e o ano.
- Glándulas dixestivas: son un conxunto de glándulas encargadas de producir os zumes dixestivos necesarios para a dixestión química dos alimentos no interior do tubo dixestivo. Estas son:
- Glándulas salivares: producen a saliva, o primeiro zume dixestivo que actúa sobre os alimentos. Están situadas na boca.
- Glándulas gástricas: producen o zume gástrico, composto principalmente por ácido clorhídrico e pepsina, un enzima que descompón as proteínas.
- Fígado: ten varias funcións, entre elas eliminar toxinas e formar a bile, que se almacena na vesícula biliar. A bile ocúpase de disolver as graxas.
- Páncreas: segrega o zume pancreático que se encarga de descompor varios nutrientes e insulina, unha hormona encargada do metabolismo do azucre.
- Glándulas intestinais: producen zume intestinal que contén varios enzimas que completan a dixestión do amidón e as proteínas.
O aparello respiratorio está formado polas vías respiratorias e os pulmóns. A súa función é captar o osíxeno O2 que o noso corpo necesita e desprender o dióxido de carbono CO2que produce. As vías respiratorias son as fosas nasais, a farinxe, a larinxe a traquea e os bronquios. A súa función é conducir o aire ata os pulmóns.
- Fosas nasais: son a vía de entrada e saída do aire. A súa principal función é limpar, quentar e humedecer o aire antes de que chegue aos pulmóns.
- Farinxe: é unha cavidade común ao aparello dixestivo e respiratorio.
- Larinxe: contén as cordas vocais, o noso aparello de fonación.
- Traquea: ten 12 cm de lonxitude e está situada diante do esófago. Divídese en dúas pólas chamadas bronquios.
- Bronquios: penetran nos pulmóns tamén se ramifican (dúas pólas no bronquio esquerdo e tres no dereito) ata rematar en tubiños moi finos chamados bronquíolos.
- Bronquíolos: son uns tubiños moi finos en que se dividen os bronquios. Rematan nuns saquiños irregulares chamados alvéolos.
- Alvéolos: neles prodúcese o paso do osíxeno do aire ao sangue e do dióxido de carbono desde o sangue ao aire.
- Pulmóns: están constituídos polo conxunto dos bronquíolos, os alvéolos e os vasos sanguíneos que os rodean. O pulmón dereito é maior que o pulmón esquerdo. O primeiro está dividido en tres lóbulos (superior, medio e inferior) e o segundo en dous (superior e inferior). Os pulmóns son órganos moi delicados que están protexidos pola pleura e a caixa torácica. O diafragma é un músculo plano que fai de base da caixa separando o tórax do abdome.
Nos seres humanos o aparello circulatorio ten dous compoñentes: o sistema sanguíneo e o sistema linfático.
Sistema sanguíneo
Está formado polo sangue, os vasos sanguíneos e o corazón.
- O sangue está formado por unha parte líquida, chamada plasma, na que están os glóbulos vermellos, encargados do transporte de osíxeno desde os pulmóns a todos os órganos e tecidos do corpo, os glóbulos brancos, encargados da defensa do organismo fronte ás infeccións, e as plaquetas, que teñen por misión a coagulación do sangue cando se produce a rotura dun vaso sanguíneo.
- Os vasos sanguíneos poden ser de tres tipos: arterias, veas e capilares.
– As arterias son os vasos que conducen o sangue desde o corazón aos órganos.
– As veas son os vasos que levan o sangue de volta desde os órganos ata o corazón.
– Os capilares son os vasos que conectan as arterias coas veas.
- O corazón está feito do tecido muscular cardíaco, ou miocardio, que se contrae e relaxa ritmicamente de xeito continuo. Ten catro compartimentos, dous superiores, chamados aurículas, e dous inferiores, ou ventrículos A contracción do corazón chámase sístole e a súa relaxación diástole.
Sistema linfático
Está formado polos ganglios linfáticos, os vasos linfáticos. e un líquido que circula polos vasos, chamado linfa.
- A linfa é un liquido abrancazado que contén plasma e glóbulos brancos. Recorre o corpo a través dos vasos linfáticos.
A función excretora abrangue os procesos mediante os cales o organismo expulsa as substancias prexudiciais que se produciron no metabolismo. Os produtos de excreción máis importantes son:
- Dióxido de carbono, CO2: eliminado polo aparello respiratorio.
- Suor: eliminada polas glándulas sudoríparas da pel.
- Urina: eliminada polo aparello urinario.
Órganos do aparello excretor
- Riles: actúan como filtros. Son os encargados de limpar o sangue de substancias tóxicas, como a urea, que son expulsadas a través da urina.
- Uréteres: son os condutos que conectan os riles coa vexiga.
- Vexiga: é un órgano oco que serve para acumular os ouriños.
- Uretra: é un tubo que conduce a urina desde a vexiga ata o exterior durante a micción.
lunes, 3 de octubre de 2016
CAPAS DA TERRA
Dentro da terra podemos observar unha serie de capas que se foron formando pouco a pouco durante millóns de anos. Cada capa interna da terra ten unha composición de materiais, minerais e rochas diferentes. Tamén teñen profundidades, temperatura e presión distintas.
No noso planeta podemos distinguir tres capas: Xeosfera, Hidrosfera y Atmosfera.
- A Xeosfera é a parte sólida da Terra; nela distinguimos a corteza (ou litosfera) o manto e o núcleo.
- A Hidrosfera é a masa de agua que cobre a Terra. Está formada polos océanos, ríos, lagos, augas subterráneas, glaciares e nubes.
- A Atmosfera é a capa de aire que envolve a Terra. Está formada á súa vez por varias capas: as máis próximas á Terra son a Troposfera e a Estratosfera. As máis alonxadas son a Ionosfera, a Mesosfera, a Termosfera e a Exosfera.
Actividades para aprender máis:
Os movementos da lúa
O noso único satélite natural é a Lúa. A súa superficie presenta numerosos cráteres de impacto e outras formas de
relevo que permanecen inalteradas ao longo do tempo porque non ten atmosfera. Non se coñece a súa orixe pero a
teoría máis aceptada indica que procede dun fragmento terrestre desprendido a consecuencia do impacto dun
planetoide coa Terra.
Debido a que a Lúa tarda o mesmo tempo en dar unha volta sobre si mesma ca en dar unha
volta arredor da Terra, sempre mostra a mesma cara; por tanto só vemos unha parte da Lúa, permanecendo a outra
sempre oculta. Ademais, a Lúa reflicte a luz do Sol polo que dependendo da situación relativa dela con respecto a
nós verémola iluminada totalmente ou en parte. Prodúcense así as fases lunares que varían ciclicamente cada 28
días.
A cara oculta da Lúa e as fases lunares son a consecuencia dos movementos de translación e rotación da Lúa.
A rotación lunar é o movemento de xiro sobre si mesma cunha duración aproximada de 28 días . A translación é o
movemento de xiro arredor da Terra, e tamén tarda 28 días en completalo. Ámbolos dous prodúcense no mesmo
sentido.
Efectos da Lúa sobre a Terra
Dende a antigüidade crese que a Lúa ten efectos sobre a Terra e os organismos vivos. Tradicionalmente utilízanse as
fases lunares como referente para escoller o momento de sementar ou de matar o porco e incluso se relaciona o
ciclo lunar co ciclo menstrual das mulleres. Hai moitos estudos que apuntan a que o ciclo vital de moitas especies de
animais e vexetais está influído pola Lúa. A maioría destes efectos non están demostrados cientificamente pero
outros si, como son as mareas.
As mareas.
Entre a Terra e a Lúa existe unha gran forza de atracción gravitacional; as masas da Terra e a Lúa atráense pero non
apreciamos o efecto en materiais ríxidos que non se deforman. Porén, as masas de auga dos mares e océanos sofren
a atracción desprazándose e provocando ascensos e descensos do nivel do mar, as mareas.
A elevación no nivel do mar denomínase preamar e a súa diminución baixamar. As preamares e baixamares
altérnanse ciclicamente cada 6 horas polo que cada día hai dúas preamares e dúas baixamares.
As preamares prodúcense nas zonas onde a Lúa está máis próxima á Terra e máis afastada seguindo o mesmo eixe.
Nas zonas perpendiculares produciranse as baixamares.
As mareas non sempre teñen a mesma amplitude ao longo do ano. Chamámoslle mareas vivas ás de máxima
amplitude e mortas ás que apenas cambian o seu nivel de preamar e baixamar. As mareas vivas prodúcense ao
sumarse a forza de atracción solar á lunar cando están en liña a Terra, a Lúa e o Sol. Pola contra, cando o Sol está
perpendicular ao eixo Terra-Lúa danse as mareas mortas.
As eclipses
A ocultación dun astro por outro denomínase eclipse. Dende a Terra as eclipses que podemos ver a simple vista son
as da Lúa e do Sol.
Eclipse de Sol. Prodúcese pola interposición da Lúa entre a Terra e o Sol, ocultándoo total ou parcialmente; no
primeiro caso falamos de eclipse total e no segundo de eclipse parcial.
Eclipse de Lúa. Prodúcese polo interposición da Terra entre o Sol e a Lúa, producindo o escurecemento desta última.
Isto só ocorre cando os tres astros están en liña polo que só é posible durante a fase de Lúa chea. Tamén pode ser
total ou parcial.
Máis información sobre o nos satélite:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Familia de palabras / prefijos y sufijos, palabras compuestas 1- Familia de palabras Las palabras nacieron para respond...
-
palabras homónimas: son aquellas palabras que tienen forma, origen y significado diferente pero que con la evolución de la lengua han...
-
Prosa La prosa es la forma que adoptamos para escribir de manera natural, expresando las ideas tal y como nos surgen ...