Os artigos son os determinantes máis frecuentes e sirven para presentar ao substantivo, co que concordan en xénero e número. Poden ser:
-determinados (o, a, os, as), presentan un substantivo xa coñecido ou que queremos destacar entre os demais: a escuma do mar;
-indeterminados (un, unha, uns, unhas), presentan un substantivo descoñecido ou que non importa precisar: douche unha flor.
(Fai clic na imaxe de arriba para acceder a unha actividade)
E se fas clic na de abaixo, accedes a unha actividade de colocación do artigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario