Desde el año 2003, por iniciativa de la Asociación Internacional de Films de Animación (ASIFA), cada 28 de octubre se celebra el Día Mundial de la Animación. Esta fecha corresponde a la conmemoración de la primera proyección pública de cine animado.
miércoles, 27 de octubre de 2021
DÍA MUDIAL DE LA ANIMACIÓN
Desde el año 2003, por iniciativa de la Asociación Internacional de Films de Animación (ASIFA), cada 28 de octubre se celebra el Día Mundial de la Animación. Esta fecha corresponde a la conmemoración de la primera proyección pública de cine animado.
ADVERBIOS
¿Para qué sirven los adverbios?
- Vamos a ponerlo aquí (aquí modifica al verbo poner, indicando el lugar)
- María vendrá mañana (mañana modifica el verbo vendrá, indicando tiempo)
- Probablemente lo dejé en casa (probablemente modifica el verbo dejé, indicando duda)
- La tortuga camina despacio (despacio modifica el verbo caminar, indicando modo)
- Mi hija es muy estudiosa (el adverbio muy modifica al adjetivo estudiosa)
- La playa está bastante cerca (el adverbio bastante modifica al adverbio cerca)
Tipos de adverbios
Adverbios de modo
Adverbios de lugar
Adverbios de tiempo
Adverbios de cantidad
Adverbios de negación
Adverbios de afirmación
Adverbios de duda
Ejemplos de frases con adverbios de duda
¿Qué son las locuciones adverbiales?
- Cumplió lo prometido al pie de la letra (al pie de la letra es una conjunción adverbial que significa exactamente)
- Preposición + sustantivo singular: A gusto; sin duda; en secreto
- Preposición + sustantivo plural: a trozos; a gatas; a tientas“
- Preposición + sustantivo latinos: ex aequo; in memoriam; in situ
- Preposición + grupo nominal: A la fuerza; a primera vista; de una vez
- Preposición + adjetivo part.: A diario; a ciegas
- Preposición + artículo + adjetivo: A la larga; a lo grande
- Correlación de preposiciones: De un momento a otro; de ahora en adelante
- Grupos nominales: Una eternidad; acto seguido
- Esquemas coordinados: Más tarde o más temprano; ni más ni menos
martes, 26 de octubre de 2021
MULLERES
Para celebrar o Día das Bibliotecas iniciamos o Proxecto Documental Iintegrado "Mulleres", co que pretendemos poner en valor o papel da muller en distintos ámbitos sociais e culturais, educando en igualdade para que as nosas nenas e nenos medren coas mesmas oportunidades.
Agradecemos a desinteresada e xenerosa participación dos colaboradores que nos axudaron na presentación deste proxecto, recitando o poema creado polo alumnado do nos centro "Vivan as mulleres!"
domingo, 24 de octubre de 2021
jueves, 21 de octubre de 2021
DETERMINANTES: O ARTIGO
Os artigos son os determinantes máis frecuentes e sirven para presentar ao substantivo, co que concordan en xénero e número. Poden ser:
-determinados (o, a, os, as), presentan un substantivo xa coñecido ou que queremos destacar entre os demais: a escuma do mar;
-indeterminados (un, unha, uns, unhas), presentan un substantivo descoñecido ou que non importa precisar: douche unha flor.
jueves, 7 de octubre de 2021
jueves, 30 de septiembre de 2021
LINGUA GALEGA: USO DAS MAIÚSCULAS
LINGUA GALEGA
USO DAS MAIÚSCULAS
Escríbense con maiúscula inicial os
seguintes casos:
·
A primeira
letra dun texto, dos títulos dos libros e a que vai despois de punto.
·
Os nomes
propios (de persoa, lugar, alcumes, animais…).
·
O artigo que
acompaña o nome dalgunhas poboacións: A Coruña, O Barco.
·
Os nomes
comúns cando pasan a ser nomes propios: Instituto de Educación
Secundaria.
·
As
abreviaturas de tratamento: Sra., D., Excmo.
·
Os nomes de
institucións e os adxectivos que os acompañan: Real Academia Galega.
·
Substantivos
e adxectivos que forman parte do nome dunha festa relixiosa, civil ou
popular: Día das Letras Galegas.
·
Despois de
signo de interrogación e exclamación cando equivalen a punto.
·
Algúns
acrónimos: Sergas (Servicio Galego de Saúde).
·
Os nomes de
xerarquías ou cargos importantes cando non van acompañados do
antropónimo: o señor Director.
Despois de dous puntos emprégase
maiúscula:
·
No saúdo das
cartas (Querida Uxía: Xa recibín a túa postal de Londres).
·
Nas citas
textuais (O doutor dixo: "É un paciente poliálxico").
·
Cando o que
segue forma en si mesmo un enunciado independente.
Tamén se escriben con maiúscula:
·
As
siglas: ONU, RAG.
·
A numeración
romana: VI, III.
·
As
abreviaturas dos puntos cardinais: N., S.
·
Os pés
dalgúns textos administrativos, como as instancias:
SR. D. DIRECTOR DO IES DE SABÓN
Non se escriben con maiúscula:
·
Os nomes das
estacións do ano (primavera, verán, outono, inverno).
·
Os nomes dos
meses (xaneiro, febreiro, marzo...).
·
Os días da
semana (luns, martes, mércores, xoves...).
·
Os
xentilicios (coruñés, lugués, arteixán, bolés...).
·
Os nomes das
notas musicais (dó, re, mi, fa, sol, la, si).
·
As
abreviaturas do sistema métrico decimal (cm., dm...) .
ERROS
AO USAR AS MAIÚSCULAS
A tendencia actual é a de alixeirar os
textos de maiúsculas; o seu emprego para outorgarlle énfase a unha palabra é
habitual pero hai outros recursos máis acaídos. A letra
grosa cumpre mellor este obxectivo e non satura tanto o texto.
Por outra parte, hai palabras que ‘incitan’ a
escribilas con maiúscula: a *Arte, a *Ciencia, a *Natureza… Ningunha destas
maiúsculas está xustificada pois son nomes comúns aínda que designen conceptos
de certa relevancia (a arte, a ciencia e a natureza). O emprego das
maiúsculas, en xeral, responde a criterios lóxicos aínda que existen casos en
que non é doado aplicar estes criterios.
As maiúsculas cumpren coa función de distinguir os
nomes comúns dos nomes propios. Agora ben, esta separación non sempre está
clara, un nome común pode funcionar como propio e perder o seu carácter
xenérico; outras veces, un nome común interprétase como propio. Deseguido van
catro dos erros máis frecuentes (e fáciles de solucionar):
1. Os cargos
Os cargos oficiais, profesións e títulos escríbense
con minúsculas: directora
xeral, notaria, maxistrado, xuíza, arcebispo, conselleira,
presidente…
2. Os cronónimos
Os días da semana, os meses e as estacións do ano van
sempre en minúsculas: venres, outubro, primavera…
Puntualmente, poden aparecer formando parte dun nome
propio e, por tanto, ir en maiúscula: o Primeiro de Maio, o Maio do 68, o
Domingo de Ramos…
3. Os títulos de obras
Os títulos de libros, artigos, relatorios, discursos e
conferencias só levan maiúscula na primeira palabra. Tamén as obras pictóricas,
musicais, cinematográficas etc.:
Longa noite de pedra, Herba
moura, Guía das árbores autóctonas de Galicia, Textos sobre arte
galega e deseño, Habitación do vello mariño, Un home sen pasado…
Porén, non entran nesta categoría as publicacións
periódicas: Diario
Oficial de Galicia, Revista Galega do Ensino, A Voz de Vilalba, Nós…
4. Os documentos
oficiais e as leis
Os títulos dos documentos oficiais, das leis,
decretos, ordes, resolucións, regulamentos etc. escríbense con maiúscula só na
primeira palabra: Código civil, Estatutos da Universidade de
Vigo, Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común, Lei de normalización lingüística, Constitución española…
Só escribiremos todas as palabras con maiúscula
inicial no caso de documentos históricos ou de gran relevancia: Declaración Universal dos
Dereitos Humanos.
-
Diferenciar el campo léxico del semántico no es sencillo, vamos a ver lo que es cada uno y después tendrás que demostrar que entiendes la de...
-
Familia de palabras / prefijos y sufijos, palabras compuestas 1- Familia de palabras Las palabras nacieron para respond...
-
palabras homónimas: son aquellas palabras que tienen forma, origen y significado diferente pero que con la evolución de la lengua han...







