miércoles, 10 de junio de 2020

Mércores 10 de xuño


CCSS    T7       A ÉPOCA FRANQUISTA        pax. 114-115
Concluída a Guerra Civil en abril de 1.939 e derrotada a República os vencedores impoñen en España unha ditadura que é un réxime político no que sustenta todo o poder unha soa persoa.
O franquismo, unha ditadura
O xeneral Franco asume o poder e goberna como un ditador.
Este período de 1.939 a 1.975 coñécese como franquismo.
España transfórmase pasando da democracia á ditadura:
  • Suprime a Constitución e aproba leis que suprimen dereitos dos cidadáns,
  • Concéntrase o poder nunha soa persoa, Franco. Facía as leis sen contar coas Cortes.
  • Prohibe os partidos políticos e os sindicatos.
  • Anula os estatutos de autonomía de Cataluña, País Vasco e prohíbe a entrada en vigor do de Galicia.
  • Impón como única lingua o español.
  • Implanta a censura o que fai que se prohíban libros, películas e todo o que é contrario ás ideas da ditadura.
Os primeiros anos do franquismo
Éstos foron moi duros: miles de persoas que apoiaran  a República foron metidas no cárcere e moitas marcharon ao exilio.
Moitos países deixaron de relacionarse con España  por ser unha ditadura e España quedou illada internacionalmente.
A economía sufriu unha grave crise debido a que moitas industrias foron destruídas na guerra así como moitas infraestruturas; a agricultura producía moi pouco e os intercambios comerciales con outros países anuláronse debido ao illamento ao que nos someteron o resto dos países.
Houbo fame posto que faltaban alimentos de primeira necesidade.
Os cambios no franquismo
A partir de 1.950 España empezou a ser  aceptada polos outros países. Así, por exemplo, en 1.955 entrou a formar parte da ONU.
A partir de 1.960 aumentou a produción industrial, modernizouse a agricultura e melloraron as infraestruturas. O turismo converteuse nunha das principais actividades económicas do país.
A fin do franquismo
Entre 1.970 e 1.975 aumentou a oposición a Franco.
Os sindicatos continuaban estando prohibidos pero empezaron a organizarse en segredo.
Os estudantes manifestáronse reclamando a democracia.
O 20 de novembro de 1.975 Franco morreu e con el rematou a ditadura e iníciase un novo tempo camiño da democracia.




En MÚSICA, te propongo un paso alrededor de las agrupaciones musicales. Haz clic en el mapa conceptual de abajo, y en cada tipo de agrupación podrás escoger un ejemplo. Escúchalos todos.
En los comentarios del esta entrada, cuéntame cuales conocías tú, si has visto alguna en directo, cual es tu preferida...





1 comentario:

  1. Conozco: Banda pop/rock, Dúo , trio
    Vi en directo: Banda pop/rock
    Mi favorita: Banda pop/rock
    Uxia Novo Diaz

    ResponderEliminar

Logros e retos da UE