CCNN Tema 8 A corrente eléctrica pax. 112-113
A corrente eléctrica: é o movemento de cargas eléctricas a través dun material.
Se poñemos en contacto dous corpos con distinta cantidade de carga eléctrica ou de distinto tipo (negativa e positiva) a carga pasa dun corpo a outro a través, por exemplo, dun cable metálico
Non todos os materiais conducen a corrente eléctrica por igual, así podemos falar de dous tipos de materiais:
Materiais condutores: son os que conducen ben a corrente eléctrica, por exemplo, os metais.
Materiais illantes: non conducen ben a corrente eléctrica, por exemplo, o plástico e a madeira.
Esta propiedade dos materiais utilízase para a fabricación de cables, interruptores e lámpadas. Os condutores transmiten a electricidade e recúbrense de illantes para protexernos ao collelos.
A corrente eléctrica e o magnetismo
Os imáns e as forzas de atracción e repulsión das cargas eléctricas aseméllanse . Se acercamos un compás a unha corrente eléctrica a agulla do compás desvíase.
Esta característica aprovéitase nos electroimáns que son unha barra de ferro á que se lle enrola un cable condutor. Cando a corrente pasa polo cable o ferro convértese nun imán.
Se un imán se acerca a un cable no cable prodúcese unha corrente eléctrica. Este fenómeno utilízase nos alternadores das centrais eléctricas. Un alternador é unha máquina na que se fai xirar un imán no interior dun rolo de cable condutor conseguindo unha corrente eléctrica.
Os efectos da corrente eléctrica
A corrente eléctrica pode producir diversos efectos:
Efecto calorífico: Se a corrente eléctrica pasa por un material condutor este quece.
Efecto luminoso: A corrente eléctrica pode producir luz.
Efecto sonoro: A corrente eléctrica pode transformarse en son.
Efecto magnético: Capacidade da corrente eléctrica de xerar magnetismo.
Efecto mecánico: A corrente eléctrica pode producir movemento.
Efecto químico: A electricidade pode provocar cambios químicos nas substancias.
LENGUA
Disculpadme, que hasta ahora creo que no había colgado una entrada tan cutre... pero hoy casi me pilla el toro!!
Esta actividad podeis hacerla en un documento de Google, en un cuaderno o como mejor os venga, siempre que la colguéis en vuestras carpetas de Drive.
Antoniooooooooo!!! contéstame a los mensajes!
No hay comentarios:
Publicar un comentario