CCSS T7 A Segunda República e a Guerra Civil pax. 112-113
A Segunda República
O 14 de abril de 1931 proclámase a 2ª República e noméase presidente a Aniceto Alcalá Zamora. Apróbase unha nova Constitución.
Implántase un sistema político democrático no que se establece:
- O sufraxio universal: as mulleres teñen dereito ao voto por primeira vez.
- Separación entre Estado e Igrexa: a relixión católica deixa de ser a relixión oficial de España.
- Creación de rexións autónomas: en 1932 apróbase o Estatuto de autonomía de Cataluña, o d País Vasco en 1936 e vótase o de Galicia.
Reformas da 2ª República
Nos primeiros anos da 2ª República fanse unha serie de reformas para modernizar o país:
- Reforma agraria: repártense terras entre os campesinos para mellorar as súas condicións de vida e aumentar a produción.
- Reforma da ensinanza: constrúense escolas por todo o país.
- Reforma laboral: establécese un salario mínimo e redúcese a xornada laboral.
Os conservadores non eran partidarios destas reformas e houbo enfrontamentos entre os conservadores e os republicanos.
A Guerra Civil
O 18 de xullo de 1.936 o xeneral Francisco Franco coa axuda de parte do exército e polos que se opoñían ás reformas deu un golpe de estado. Este foi o inicio da Guerra Civil que durou ata 1.939.
Durante a guerra os españois quedaron divididos en dúas zonas:
- Zona republicana: apoiaban o goberno da República.
- Zona sublevada: tamén chamada nacional que apoiaba o golpe de estado de Franco.
A guerra rematou o 1 de abril de 1.939
As consecuencias da guerra
A guerra foi unha época de sufrimento na que se pasou fame e medo e se destruíron moitas instalación.
- Escaseza de alimentos: a falta de alimentos fixo que se limitase o consumo de productos básicos a unha cantidade mínima por persoa, o chamado racionamento.
- Temor aos combates: e aos bombardeos polo que moita xente fuxíu dos seus fogares buscando zonas máis seguras.
- Destrución de vivendas, industrias, estradas, etcque deu lugar a unha gran crise económica que continuou despois da guerra.
As consecuencias foron terribles: mortos, fuxidos, fame e unha sociedade dividida en vencedores e vencidos.
A guerra foi unha época de sufrimento na que se pasou fame e medo e se destruíron moitas instalación.
- Escaseza de alimentos: a falta de alimentos fixo que se limitase o consumo de productos básicos a unha cantidade mínima por persona, o chamado racionamento.
- Temor aos combates: e tamén aos bombardeos polo que moita xente fuxiu dos seus fogares buscando zonas máis seguras.
- Destrución de vivendas, industrias, estradas, etc que deu lugar a unha gran crise económica que continuou despois da guerra.
As consecuencias foron terribles: mortos, fuxidos, fame e unha sociedade dividida en vencedores e vencidos.
LINGUA GALEGA
Recordades un traballo que empezamos antes do confinamento que consistía en redactar unha noticia (con todos os seus elementos) imaxinaria e escribila nun documento de Drive, (en columnas, con foto...) Si? Pois imos retomalo. Moitos xa a tedes escrita ou iniciada nas vosas carpetas. Repasádeas e mellorádeas se o considerades. Poden ser elixidas para publicar na revista "A Voz de Nadela"! Data límite: domingo 7 ás 23:59h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario