A ARTE E A CULTURA NO SÉCULO XX E NA ACTUALIDADE pax. 118-119
A pintura
En España houbo grandes pintores entre os que podemos destacar :
- Pablo Ruíz Picasso: naceu en Málaga. Crea o estilo coñecido como cubismo no que se representa ás persoas e os obxectos mediante figuras xeométricas.
- Salvador Dalí: naceu en Figueres(Xirona). Un dos máximos representantes do estilo coñecido como surrealismo que representa o mundo dos sonos con figuras irreais.
- Joan Miró: naceu en Barcelona. Crea un mundo de fantasía usando cores luminosas e figuras xeométricas.
A escultura
Os escultores utilizan materiais diversos: ferro, aceiro, plástico ou materiais reciclados.
Crean obras utilizando figuras xeométricas ou representando a figura humana de forma distorsionada.
Destacamos a Asorey, Gargallo, Chillida, etc.
A arquitectura
Os arquitectos utilizan materiais diversos como o formigón armado, aceiro, vidro, aluminio ou titanio. Crean edificios con formas moi variadas.
Destacan Rafael Moneo, e outro que viñeron de fóra de España como Frank Gehry.
A literatura
Hai grandes escritores dende principios do século XX ata a actualidade.
- En teatro: Ramón Mª del Valle Inclán, Antonio Buero Vallejo, o grupo Els Comediants, etc.
- En poesía: o grupo de autores que formaron a xeración do 27 con Federico García Lorca, Luis Cernuda e Rafael Alberti. E poetas como Luis García Montero.
- En novela: Camilo José Cela que recibiu o premio Nobel, Miguel Delibes, Carmen Martín Gaite, Ana Mª Matute, Almudena Grandes, etc.
MÚSICA
No hay comentarios:
Publicar un comentario