domingo, 14 de junio de 2020

Luns 15 de xuño

CCSS     T7     Da transición á democracia       pax. 116-117
A transición
Foi o proceso político que comezou á norte do xeneral  Franco que produxo o paso da ditadura á democracia.
Xoán Carlos I rei de España
Ao morrer o xeneral Franco en 1.975 don Xoan Carlos I, neto do Rei Afonso XIII, converteuse en rei de España.
En 1.976 o rei nomea a Adolfo Suárez presidente do gobernó. Nese momento iníciase un proceso de reformas para conseguir que España volvese a ser un país democrático:
  • Legalízanse os partidos políticos e os sindicatos.
  • Póñense en liberdade os presos que estaban no cárcere polas súas ideas políticas contrarias ao franquismo.
  • Regresan os exiliados
  • Convócanse as primeiras eleccións democráticas dende 1.936
As eleccións celebráronse en xuño de 1.977 e gana O Centro Democrático (UCD) partido dirixido por Adolfo Suárez.
A Constitución de 1.978 e o Estado das Autonomías
Despois das eleccións de 1.978 os representantes dos partidos reuníronse e pactaron unha Constitución aprobada polas Cortes Xerais.
O 6 de decembro de ¡.978, os pespañois, nun referendo (consulta que se fai aos cidadáns que mediante o voto dan a súa opinión sobre temas importantes), aceptáronna.
Na Constitución establécese:
  • España é un Estado democrático.
  • A soberanía do Estado recae no pobo español.
  • A forma de Estado é unha monarquía  parlamentaria.
  • Garante aos españois os seguintes dereitos: Igualdade ante a lei, liberdade de expresión e sufraxio universal (dereito ao voto para todos os españois maiores de 18 anos).
  • España está organizada en 17 Comunidades Autónomas e dúas Cidades Autónomas.
A consolidación da democracia
En 1.979 volve haber eleccións e volve gañalas UCD.
nesta época haubo unha grande crise económica e moitos atentados terroristas. Adolfo Suárez dimite como presidente do goberno.
O 23 de febrero de 1.981 no Congreso dos Deputados están reunidos para nomear a Leopoldo Calvo Sotelo presidente e un grupo de militares encabezados polo tenente coronel Tejero interrumpe a sesión e dan un golpe de Estado. Este golpe de Estado fracasa porque non recibiu apoios nin do rei nin dos españois.
Os gobernos da democracia
Os presidentes que houbo en España desde 1.981 foron:
1.981 Leopoldo Calvo Sotelo da UCD
1.982 a 1.996 Felipe González do PSOE
De 1.996 a 2.004 José Mª Aznar do PP
2.004 a 2.011 José Luis Rodríguez Zapatero do PSOE
2.011 a 2.018 Mariano Rajoy do PP
2.018 ata a actualidade Pedro Sánchez do PSOE.

EXERCICIOS: pax.122 ex.7 e pax. 123 ex.9 






LENGUA CASTELLANA






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Logros e retos da UE