miércoles, 22 de abril de 2020

Mércores 22 de abril



  Moito falamos de virus estes días... pero, que sabes das bacterias?


O REINO DAS BACTERIAS
Trátase do primeiro reino en existir do noso planeta. A súa simpleza permitiulles xurdir nas hostiles condicións iniciais da Terra, aínda hoxe en día son capaces de vivir en lugares nos que outros seres vivos non poden vivir.
Foron estudiadas por Louis Pasteur no século XIX unha vez que foron perfeccionados os microscopios.
Pertencen a este reino os seres vivos que teñen as seguintes características:
  • Son unicelulares: a célula da que están formadas é a máis pequeña e simple que se coñece, non posúe núcleo.
  • Viven en todas partes do planeta, terra, aire, auga, dentro doutros seres vivos, etc. Son capaces de vivir en lugares donde outros seres vivos non resistirían soportando altísimas temperaturas.
  • Algunhas fabrican o seu alimento e outras non, poden ser parásitas ou alimentarse de materia orgánica. 
As bacterias reciben diferentes nomes segundo a súa forma:
Cocos: bacterias en forma esférica.
Estreptococos: son cadeas de cocos.
Bacilos: en forma de bastón.
Vibriones: en forma de coma.
Espirilos e espiroquetas:en forma de espiral. 
pastedGraphic.png
RELACIÓN DAS PERSOAS COAS BACTERIAS:
Hainas beneficiosas e prexudiciais.
  • Úsanse para fabricar derivados lácteos como o iogur e tamén para fabricar antibióticos.
  • Algunhas producen enfermedades como a diarrea, neumonía, cólera, lepra, tuberculose, farinxite …
  • Moitas  viven no noso corpo: a flora intestinal que axuda a dixerir os alimentos.

_________________________________________________________________________________

_____________________________________________________________________

En artística,  recórdovos a tarefa de recrear a portada do libro que estades a ler, ou doutro libro que vos apeteza representar a súa portada.
En música... preséntovos o novo blog que estou a facer: de momento non hai moito material. pero si que colguei unha presentación que inclúe un  xogo sobre instrumentos musicais (pincha na imaxe).
  Gustaríame que comentaras no novo blog as impresións que tes desta actividade:





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Logros e retos da UE