Bo día! Último día do trimestre e ... vacacións!!
Imos de viaxe?, si, si... ledes ben: imos de viaxe!!
De viaxe virtual, claro...
Como tarefa de Semana Santa, propóñonos que viaxedes a ese lugar soñado e que nos concedes ao resto como foi.
Primeiramente, planificamos:
- Onde vou?
- Con quen vou?
- Cantos cartos me fan falta?
- A que distancia está? Como chego?
- Necesito pasaporte?
- Alguna recomendación sanitaria especial?
- Costumes sociais diferentes ás miñas?
- Onde me aloxo?
- Que idioma falan?
- Como é o país?
- Que roupa teño que levar?
- Que lugares teño que visitar?
Redáctao en forma de diario, dende o primeiro día que empezas a planificar (hoje), ata o día que volvas (13 de abril). Cada día conta o que visitas, as comidas que fas... e ilústrao con fotografías, vídeos, enlaza unha web ...
Vaino facendo no soporte que prefiras e de maneira que o podamos compartir (sería xenial un blog!)
Xa sabes onde vas?
Boa viaxe e FELICES VACACIÓNS!
Moitísimas grazas pola tua creatividade e esforzo en fomentar a súa imaxinación. Onte pasamos un rato maravilloso con Jorge Blas e facendo o conto.
ResponderEliminar