martes, 28 de abril de 2020

Martes 28 de abril

VIRUS (páxina 83)
Os virus non se inclúen en ningún reino porque non se consideran auténticos seres vivos xa que non están formados por células o cal fai que só se poidan reproducir no interior  das células de outro organismo vivo ao que lle causan enfermedades, son parásitos.
A maioría poden estar inactivos ata que entran en contacto cunha célula viva á que infectan e a obrigan a traballar para reproducirse eles.
Os virus non poden vivir sen células ás que infectar.
Algúns virus producen enfermedades coñecidas como a viruela, a poliomielites, sarampelo, gripe, S.I.D.A., rabia, rubeola, paperas…O noso corpo deféndese dos virus formando anticorpos que os atacan. Como a formación de anticorpos é lenta, utilízanse vacunas que son virus debilitados da enfermidade que se quere previr, capaces de inducir ao corpo para producir anticorpos contra esa enfermidade antes de que apareza. Estes anticorpos quedan no sangue e así o corpo está preparado para unha invasión do  virus e queda inmunizado para esa enfermidade concreta.
Os antibióticos non teñen efecto sobre os virus.
PROPAGACIÓN:
Os virus disemínanse de moitas formas diferentes e cada tipo de virus ten a súa forma de transmitirse.
O virus da gripe e o do resfriado común propáganse polo aire a través dos esbirros e a tos, outros por contacto coas mans, os alimentos ou a auga contaminados.
O estudo dos virus é unha rama de Microbioloxía que recibe o nome de Viroloxía.
O primeiro virus descubriuse en 1.899 e actualmente describíronse máis de 5.000.

Actividades: Estudar páxina 83 Os virus xunto con este  documento.
                      pax. 83 ex.6 e pax. 87 ex. 12.

______________________________________________________
_________________________________________________________________________________

LINGUA GALEGA: "PLURALIA TAMTUM"
(Substantivos que só se utilizan en plural)

Existe un grupo de substantivos que só se utilizan en plural. "Pluralia tantum" expresión en latín significa exactamente "só plurais".

Coñeces o significado de todas esta palabras?


Escribe unha oración con cada una delas 
nun documento en Drive. 
E, se tes moitas gañas de trabajar, 
escribe un texto pequeno con todas elas!!









No hay comentarios:

Publicar un comentario

Logros e retos da UE