miércoles, 15 de abril de 2020

MÉRCORES 15 DE ABRIL

SOLUCIÓNS ao exercicio de acentuación de onde:

1. Non é porque o acento gráfico incremente o risco de contaxio, non. É por ser unha palabra grave rematada en -s. Se fose aguda (coronavirús) ou esdrúxula (coronárivus) si o levaría.

2. Cantos tiles faltan e onde nas seguintes frases, pense o número, mire onde e comprobe:


  • Por que a xente considera que o papel hixiénico é bo para combater o virus e se non o pensa, por que acabou con el no súper?

-3 acentos gráficos
-Os interrogativos ou "el" non levan acentos gráficos.


  • Auga e xabón. É a fórmula máis eficaz para inactivar o virus. Ademais, as mans representan a vía de transmisión máis directa.

-7 acentos gráficos
-"mais" lévao cando é adverbio de cantidade
-"ademais" non o leva por ser aguda rematada en ditongo+s


  • As máscaras só son útiles se as usa unha persoa enferma e o persoal sanitario e as combinan co lavado frecuente de mans. Debe empregalas se, estando sa, coida de alguén cunha posíbel infección. Tampouco son válidas as do Entroido de Verín.

-8 acentos gráficos
-"só" lévao  cando é adverbio de cantidade, que é case sempre
-"sa" non leva o diacrítico porque non hai que direfenciala de outra palabra. Aínda que ás veces alguén a poña con acento.


  • O protocolo é moi claro. Se ten síntomas chame ao 900400116 e siga as instrucións dos médicos. Non vaia ao sanatorio nin ao centro de saúde dar unha volta e ver o ambiente, só con urxencias urxentes.

-6 acentos gráficos
-"saúde" lévao porque hai hiato, non hai ditongo: sa-u-de


  • Para tusir ou esbirrar cómpre tapar a boca e o nariz contra a cara interna do cóbado, co brazo flexionado, ou usar un pano dun só uso. Aínda é peor esbirrar sobre o móbil, non porque contaxie as amizades do WhatsApp, xa se me entende ben.

-6 acentos gráficos
-"cómpre" lévaol cando significa "é necesario" e non leva cando é igual a "merque"
-o "as" de" amizades" non o leva porque non é contracción a+a, xa que o obxecto directo cando é persoas non leva preposición.


  • Pódese discutir cos veciños sobre fútbol? Só de balcón a balcón e durante o día, sen empregar vocábulos ofensivos para os apéndices auriculares dos demais.

-8 acentos gráficos
-"fútbol" lévao por ser pronunciada como grave e rematar en -l
-"demais" non o leva por ser aguda rematada en ditongo +s


  • Facilmente o autobús, o avión, o helicóptero non sexan os vehículos máis axeitados nestes días. Mellor, como se dicía antano, o coche de San Fernando, un anaquiño a pé e outro camiñando, e con metros de separación.

-9 acentos gráficos
-Os adverbios rematados en -mente non o levan
-"pé" leva acento diacrítico para diferencialo do nome de letra


  • Comodamente sentada no sofá non contaxio a ninguén, nin pola televisión, nin polo móbil, nin a berros. Facilmente sexa o momento de ler algúns libros que estaban collendo po.

-5 acentos gráficos
-"po" non o precisa, non hai que diferencialo doutra palabra


  • Tarefas para hoxe, tomar o sol na ventá (e se non teño sol?), vinte e dúas flexións no chan, 50 levantamentos en cada man do dicionario de inglés, brincar polo corredor á pata coxa.

-5 acentos gráficos
-O último "á" debe levalo porque se entende que  é a+a


  • Esta derradeira non ten acentos g., vai para todos e todas as profesionais que fan que o mundo funcione mentres os demais estamos na casa, son marabillosos/as, non precisan acentos g., van sobrados/as. Son as/os nosos heroes.


REMATE: Cantos acentos gráficos eran? 57
Se é necesario, corrixe no teu documento ;D

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Logros e retos da UE