Xa estamos de volta!!
Ben de "vacacións"? Esperamos que veñades con moito ánimo!
Ahí vai a tarefa de hoxe!:
Esta tarefa ten de prazo ata o xoves 16
LINGUA GALEGA
A VOLTAS COA ACENTUACIÓN!
Aprendendo a poñer o acento gráfico na corentena do coronavirus
2- Cantos tiles faltan e onde nas seguintes frases, pense o número, mire onde e comprobe:
- Por que a xente considera que o papel hixienico e bo para combater o virus, e se non o pensa, por que acabou con el no super?
- Auga e xabon. E a formula mais eficaz para inactivar o virus. Ademais, as mans representan a via de transmision mais directa.
- As mascaras so son utiles se as usa unha persoa enferma e o persoal sanitario e as combinan co lavado frecuente de mans. Debe empregalas se, estando sa, coida de alguen cunha posibel infeccion. Tampouco son validas as do Entroido de Verin. O protocolo e moi claro. Se ten sintomas chame ao 900400116 e siga as instrucions dos medicos. Non vaia ao sanatorio nin ao centro de saude dar unha volta e ver o ambiente, so con urxencias urxentes.
- Para tusir ou esbirrar compre tapar a boca e o nariz contra a cara interna do cobado, co brazo flexionado, ou usar un pano dun so uso. Ainda e peor esbirrar sobre o mobil, non porque contaxie as amizades do WhatsApp, xa me entende ben.
- Podese discutir cos veciños sobre futbol? So de balcon a balcon e durante o dia, sen empregar vocabulos ofensivos para os apendices auriculares dos demais.
- Facilmente o autobus, o avion, o helicoptero non sexan os vehiculos mais axeitados nestes dias. Mellor, como se dicia antano, o coche de San Fernando, un anaquiño a pe e outro camiñando, e con metros de separacion.
- Comodamente sentada no sofa non contaxio a ninguen, nin pola television, nin polo mobil, nin a berros. Facilmente sexa o momento de ler alguns libros que estaban collendo po.
- Tarefas para hoxe, tomar o sol na venta (e se non teño sol?), vinte e duas flexions no chan, 50 levantamentos en cada man do dicionario de ingles, brincar polo corredor a pata coxa. (Estou bromeando!)
- Esta derradeira non ten acentos g., vai para todos e todas as profesionais que fan que o mundo funcione mentres os demais estamos na casa, son marabillosos/as, non precisan acentos g., van sobrados/as. Son as/os nosos heroes.
Contesta á primera pregunta e copia o texto nun documento en Drive. Mañá as solucións!
No hay comentarios:
Publicar un comentario