jueves, 7 de mayo de 2020

JUEVES 7 DE MAIO


Comezamos coa historia!


C. SOCIAIS Tema 6  - páxinas 96 e 97

  • A comezos do século XIX gobernaba en España Carlos IV (pertence á dinastía dos Borbóns de orixe francesa). Era un rei con pouco carácter que deixou o goberno nas mans do seu home de confianza  Manuel Godoy.
  • En Francia gobernaba Napoleón Bonaparte que pretendía invadir Europa.
  • Napoleón pide permiso ao rei Carlos IV para pasar por España para invadir Portugal.
  • O rei permítello e Napoleón aproveita para ocupar varias cidades españolas.
  • Esta ocupación provoca unha protesta do pobo coñecida como Motín de Aranxuez na que o rei se ve obrigado a cederlle o trono ao seu fillo Fernando VII.
  • Napoleón imponlle  a Fernando VII  renunciar ao trono e pon no seu lugar ao seu irmán Xosé Bonaparte.
  • En España había dous grupos políticos a principios do século XIX: absolutistas que querían que o rei gobernara sen dar contas a ninguén e os liberais  que que-
rían limitar o poder do rei elaborando unha constitución e formando un goberno votado polos cidadáns.
  • O 2 de maio de 1808 o pobo madrileño sublévase contra Xosé Bonaparte e comeza a Guerra da Independencia que remata en 1814 coa expulsión dos franceses e o regreso de Fernando VII.
  • No momento en que Fernando VII é obrigado a dimitir fórmase unha Xunta Central que defendeu España ante os franceses.
  • En 1810 esta Xunta reúne clandestinamente en Cádiz a representantes do país para elaborar unha Constitución que será aprobada o 19 de marzo de 1812 á que se coñece como “A Pepa”.
  • Fernando VII regresa a España ao rematar a guerra da Independencia e suprime a Constitución gobernando como un rei absolutista e perseguindo aos seus adversarios, os liberais.
  • Nesta época España perde moitas das súas colonias en América, menos Cuba e Puerto Rico que se independizan en 1898. Este proceso coñécese co nome de  descolonización.



Solucións a CIENCIAS NATURAIS  Tema 6
Fai os seguintes exercicios:
  1. Contesta ás seguintes preguntas:

  1. De que se alimentan os fungos? Os fungos toman o alimento do medio
  2. Que organismo xorde a partir da asociación dunha alga e un fungo?
Da asociación dunha alga e un fungo xorde o lique.
  1. Escribe o nome das partes dos fungos con cogomelo que cumpren as función enunciadas a continuación:

  • Parte do fungo intervén  na  reprodución      cogomelo
  • Xeran novos fungos  esporas
  • Crece debaixo da terra e encárgase de absorber o alimento     micelio

  1. Escribe ao lado de cada fungo B se se trata dun fungo beneficioso para as persoas e P se é prexudicial:
fermento        B                       fungo cándida   P

pé de atleta      P                      champiñón       B

níscaro         B                         mofo do pan     P

  1. Determina se as seguintesafirmacións son verdadeiras (V) ou falsas (F):

  • Todas as bacterias provocan enfermidades ao resto de seres vivos. F
  • Todas as  partes do noso planeta están habitadas por bacterias. V
  • Algunhas bacterias fabrican o seu  propio alimento e outras tómano do medio. V
  • O corpo dalgunhas bacterias está formado por varias células. F
  • No noso corpo viven millóns de bacterias. V
LENGUA CASTELLANA



VERBO: TIEMPOS VERBALES






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Logros e retos da UE