lunes, 25 de mayo de 2020

Luns 25 de maio


Buenos díaaaaaaaaas!! 
¿Qué tal de fin de semana? Supongo que bien, ¡que estuvo muy buen tiempo!
Hoy empezamos la última semana de mayo, cuando termine, solamente quedaran 3 para terminar el curso!


Solucións CCNN 22/05/20

pax.99: ex.1
Cando os corpos reciben calor, pódese producir fusión, vaporización ou sublimación. Cando os corpos perden calor, pódese producir solidificación ou condensación.
pax.99: ex.2
•    É o paso do estado líquido ao estado gasoso dun corpo.
 •  Hai dous tipos: evaporación e ebulición.
•  A evaporación prodúcese a calquera temperatura e lentamente. Pola contra, a ebulición ocorre dunha forma rápida cando un corpo recibe calor e alcanza unha certa temperatura, que é fixa para cada substancia
pax.105: ex.11
  1. Evaporación. Prodúcese a calquera temperatura e lentamente.
  2. B. Ebulición. A auga do cazo quéntase e entra en ebulición, aos 100 ºC.
pax. 105: ex.12
• O xeo da cazola fúndese (fusión). A auga evapórase lentamente (evaporación).
 •  O vapor de auga condénsase sobre as follas e convértese en gotiñas de auga (condensación). Estas gotas convértense en xeo (solidificación).

CCSS    Tema 6      – Arte e cultura no século XIX       (pax. 102 e 103)
ARQUITECTURA
Estilo Neoclásico: Os edificios de principios do século XIX eran de este estilo, imitaban os edificios das  antigas  Grecia e Roma.
Aparecen novos tipos de edificios como estacións de ferrocarril e pontes nos que se empregan como materiais de construcción o ferro e o vidro.
O Modernismo: Estilo que xurdiu a finais do século XIX. Utiliza liñas curvas imitando a natureza. Destaca o arquitecto Antoni Gaudí.
ESCULTURA
Fixéronse moitas esculturas que adornaban as ciudades. Destacan os escultores Mariano Benlliure e Ricardo Bellver.
PINTURA
Francisco de Goya: Principios do século XIX. Pinta retratos dos reis Carlos IV e Fernando VII así como esceas de festas e romarías e tamén da guerra de Independencia.
Impresionismo: Estilo de finais do século XIX. Pinturas que se caracterizan pola luz e a cor máis que polas formas. En España destaca Joaquín Sorolla.
LITERATURA
Teatro: Destacan José Zorrilla que escribe “Don Juan Tenorio”.
Poesía: Rosalía de Castro, Gustavo Adolfo Becquer e José de Espronceda.
Novela: Benito Pérez Galdós, Leopoldo Alas “Clarín” e Emilia Pardo Bazán.
Xeración do 98: Grupo de escritores que escribiron sobre a perda das últimas colonias e a situación de España. Pío Baroja, Miguel de Unamuno, Antonio  Machado e Ramón Mª del Valle-Inclán.

LINGUA

Antes de rematar o segundo trimestre comenzamos a ver en clase de lengua castellana, algunha cousiña sobre tipoloxía textual.
Imos velo agora en galego cunha infografía e un mapa conceptual:

Navega polo seguinte mapa conceptual (incha na imaxe de abaixo) coas flechas:


Fai no teu caderno un esquema de tipos de texto e sube a fotógrafa á túa carpeta de Drive.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

Logros e retos da UE