lunes, 18 de mayo de 2020

Martes 19 de maio



CCSS  Tema 6 A economía e a sociedade no século XIX (pax. 100 e 101)
A Revolución industrial:
  • Iníciase en Inglaterra a finais do século XVIII.
  • Aparecen as fábricas que substitúen os obradoiros dos artesáns.
  • Nas fábricas úsanse máquinas que axilizan o traballo.
  • Invéntase a máquina de vapor que se utiliza nos medios de transporte e na industria.
  • Utilízase o carbón como fonte de enerxía.
  • Invéntase o ferrocarril e o barco de vapor que axilizan o transporte de persoas e mercadorías.
  • Modernízase a industria textil e a siderúrxica que aumentan a produción de tecidos e a fabricación de aceiro.
  • Pásase dunha sociedade adicada á agricultura a outra industrial que conleva cambios económicos e sociais.
A sociedade
A poboación do século XIX organízase polo seu nivel de riqueza en clases sociais:
  • Clase alta: persoas máis ricas.
  1. Aristocracia: propietarios de extensas terras.
  2. Burguesía: propietarios de fábricas, banqueiros e grandes comerciantes.
  • Clase media: pequenos comerciantes e empresarios, médicos, avogados, funcionarios …
  • Clase baixa: xente con poucos recursos económicos.
  1. Campesiños: traballaban as terras dos grandes propietarios.
  2. Obreiros: traballadores das fábricas con xornadas laborais longas, baixos salarios e con vivendas mal acondicionadas. Os nenos tamén traballaban nas fábricas cos salarios aínda máis baixos. Por todo esto xurden os sindicatos para defender aos traballadores.

EJERCICIOS: Matemáticas página 176 ejercicios 2,3 y 4


Nas linguas, seguida traballando 
no guión e no microrrelato. 
Prourade ter sempre aberta a web da Real Academia Galega para consultar no diccionario as palabras que non coñezades. Prestade atención á acentuación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Logros e retos da UE