martes, 12 de mayo de 2020

Martes 12 de maio

Bo día!
Imos polo martes?



LENGUA

Recuerdas estos vídeos sobre los determinantes?






Aquí vos enlazo un fabuloso mapa mental sobre os determinantes en galego

(visitando a web podedes movervos polo mapa mental e ampliar os contidos)




O ARTIGO


O artigo determinado
O artigo determinado vai presentar as seguintes formas:
 
Masculino
Feminino
Singular
O
A
Plural
OS
AS
Ademais tamén existe unha chamada segunda forma do artigo ou variante alomórfica, forma moi presente da lingua falada mais que podemos empregar ou non na escrita, sendo incluso aconsellábel non empregala neste segundo caso por mor de evitarmos as dúbidas á hora de escribir de se ten que levar guión ou non (tódolos libros, u-lo libro?) e ademais por culpa de ter que reacentuar a palabra (mercarás o agasallo / mercara-lo agasallo). As formas serían as seguintes:

Masculino
Feminino
Singular
(-)LO
(-)LA
Plural
(-)LOS
(-)LAS
CASOS EN QUE SE PODE EMPREGAR A VARIANTE ALOMÓRFICA
O seu uso será obrigatorio tras a preposición POR (como tamén se verá no apartado das contraccións de preposición + artigo) e tras o adverbio de lugar U.
Exemplos:
abano-rifaron entre eles polo abano.
-u-la aguillada
Nos seguintes casos o seu uso será facultativo:
-Tras as formas verbais rematadas en -R ou en -S.
Exemplos:
-vou coller a albóndega / vou colle-la albóndega…
-viches o crocodilo? / víche-lo crocodilo?
axouxeres-Tras os pronomes persoais átonos NOS, VOS e LLES.
Exemplos:
-peiteóuno-las guedellas / peitenounos as guedellas; amosáronvo-los axóuxeres/ amosáronvos os axóuxeres; trouxéronlle-los berberechos/ trouxéronlles os berberechos…
-Tras os pronomes persoais tónicos NÓS e VÓS.
Exemplos:
-fixémolo nós os dous / fixémolo nó-los dous; trouxéstelo vós os tres / trouxéstelo vó-los tres…
beberechos-Tras AMBOS/-AS, ENTRAMBOS/-AS, TODOS/-AS, TRAS e a conxunción (E) MAIS.
*OLLO: nestes casos xamais levará guión.
Exemplos:
-fixeron o labor soamente entrambas as dúas /…entrámbalas dúas; ambos os dous estaban moi despistados / ámbolos dous…; todas as rapazas estaban a se divertir / tódalas rapazas…; víanse nubeiros tras os montes /…tralos montes; foron á feira el e mais a irmá /…e maila irmá.
Aquí cómpre lembrar unha vez máis que soamente se empregará a variante alomórfica tras “todos” e “todas” e xamais en singular polo que temos que evitar formas tan vistas como *tódolo… ou *tódala…
CONTRACCIÓN DO ARTIGO DETERMINADO CON PREPOSICIÓNS
A contracción do artigo determinado será de uso obrigatorio coas preposicións A, DE, CON, POR e EN.

O
A
OS
AS
A
ao / ó
á
aos / ós
ás
DE
do
da
dos
das
CON
co
coa
cos
coas
POR
polo
pola
polos
polas
EN
no
na
nos
nas
Temos que evitar na escrita as formas *ca e *cas moi presentes na lingua falada e empregar sempre COA e COAS.
Teremos que realizar sempre as contraccións co artigo que forme parte dun topónimo.
Exemplos:
-Teremos que pasar pola Coruña; veñen do Incio…
O artigo indeterminado
O artigo indeterminado presenta as seguintes formas:

Masculino
Feminino
Singular
UN
UNHA
Plural
UNS
UNHAS
E temos que realizar a contracción do artigo indeterminado coas preposicións DE, EN e CON.

UN
UNHA
UNS
UNHAS
DE
dun
dunha
duns
dunhas
EN
nun
nunha
nuns
nunhas
CON
cun
cunha
cuns
cunhas
NOTA: cando antes dun artigo (determinado ou indeterminado) vai unha preposición que non forme parte da mesma frase ca o artigo non se realizará a contracción.
Exemplos:
-de o(un) adestrador chegar antes non perderiamos o partido (a preposición “de” vai con “chegar” e non con “o(un) adestrador”)…

Realiza estas actividades:






Vai realizando estas actividades. Algunhas teñen autocorrección. Non tes que escribilas en Drive.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Logros e retos da UE