jueves, 21 de mayo de 2020

Xoves 20 de maio

Bo día!! Como vai todo?

Queda tan só un mes para rematar este curso... facemos un esforzo?


Solucións CCSS 20/05/20
pax. 101 ex. 1
• É o conxunto de grandes cambios económicos e sociais que se produciron como consecuencia da utilización das máquinas na produción industrial. 
Tivo a súa orixe en Gran Bretaña a finais do século XVIII. 
• A industria téxtil e a siderurxia.
 • No século XIX. As fábricas concentráronse principalmente en Cataluña e no País Vasco.
pax.106 ex. 2
  • 1808.
 • Levantamento da poboación de Madrid contra o novo rei francés. 
• Españois e franceses.
 • 1814.
 • Os españois.
pax. 106 ex. 5
• Isabelinos: diferéncianse dos carlistas en que os primeiros eran partidarios de Isabel II e estaban a favor da monarquía constitucional, mentres que os carlistas estaban a favor de Carlos María Isidro e defendían unha monarquía absolutista.
 •  Moderados: diferenciábanse dos progresistas en que os primeiros querían aumentar o poder da raíña, mentres que os progresistas eran partidarios dunha monarquía constitucional, en que o poder da raíña estivese limitado por unha constitución.
 •  República: diferénciase da monarquía en que na primeira o xefe do Estado é un presidente elixido polos cidadáns, mentres que na monarquía o xefe do Estado é un rei.







Tema 7        Os efectos da calor sobre a materia     pax. 98 e 99

A calor produce efectos variados sobre a materia, entre outros os cambios de estado e de volume.
Os cambios de estado
Os estados en que se encontra a materia na natureza son sólido, líquido e gasoso. Se un corpo recibe ou perde calor prodúcese un cambio de estado.
Estes son os cambios de estado:
  • Fusión: paso de sólido a líquido. Ocorre ao aplicar calor ao corpo.
  • Solidificación: de líquido a sólido. Ocorre ao perder calor o corpo.
  • Vaporización: de líquido a gas. Hai dous tipos:
  • Evaporación: prodúcese a calquera temperatura. Ocorre lentamente.
  • Ebulición: ocorre rápidamente a unha temperatura determinada e distinta para cada substancia.
  • Condensación: de gas a líquido.
  • Sublimación: de sólido a gas sen pasar polo estado líquido.
Temperatura de fusión e ebullición
A temperatura de fusión é a temperatura á que pasa unha substancia de sólido a líquido. Esta temperatura é diferente para cada substancia.
A temperatura de ebulición é a temperatura á que pasa unha substancia de líquido a gas e é diferente para cada substancia.
Cambios de volume
A dilatación é o aumento de volume que ocorre cando un corpo aumenta de temperatura
Contracción se diminúe a temperatura do corpo  diminúe o seu volume.
En xeral, os corpos sólidos dilátanse e contráense menos ca os líquido e os líquidos menos ca os gases.


LENGUA
REPASO DE  SINTAXIS





EJERCICIOS (para escribir en un documento en Drive o imprimir y subir una foto antes del domingo  24 a las 23:59)








No hay comentarios:

Publicar un comentario

Logros e retos da UE