jueves, 28 de mayo de 2020

Xoves 28 de maio


Resultados    CCNN   27-05-20
pax. 101 ex. 1
As oxidacións e as combustións parécense en que en ambas as dúas intervén o osíxeno, e os produtos finais da reacción son distintos dos produtos iniciais.
pax. 101 ex. 2
Produciuse unha reacción química.
Os produtos iniciais e finais son diferentes. A partir da reacción do bicarbonato e do vinagre prodúcese dióxido de carbono.
pax. 105 ex. 13
·        Son un tipo especial de oxidación.
·         Porque é un cambio da materia en que unha substancia se transforma noutra. /
·        Porque se produce moita calor.
·         En certos casos si; por exemplo, a reacción química que se produce nun incendio.
pax. 105 ex. 15
As fermentacións son un tipo de reaccións que ocorren nos seres vivos.
Algunhas destas fermentacións empréganse para producir o iogur, o viño ou o vinagre.

CCSS Tema 6




1.     Xosé Bonaparte foi…

a.  Rei de Francia.    b. Rei de España.  c. Presidente da UE.

2.       O comezo da guerra da Independencia produciuse cando…

b. O pobo de Madrid se levantou contra as tropas francesas.
c.  Se aprobou a Constitución de Cádiz.
d. Se independizou Arxentina.

3.    A Pepa era…

e.  A Constitución aprobada en Cádiz en 1812.
f.   A  revolución popular que acabou co reinado de Isabel II en 1868.
g. A alternancia no Goberno do partido conservador e o partido liberal.

4.    Na primeira guerra carlista enfrontáronse…

a.    Cánovas del Castillo e Sagasta.       b. Isabelinos e carlistas.
c. Franceses e españois.

5.    Amadeo de Savoia sucedeu a…

a.    Afonso XII.        b. Fernando VII.     c. Isabel II.

6.    Na Restauración reinou…

a.    Fernando VII.    b. Cánovas del Castillo.     c. Afonso XII.

7.    A Revolución Industrial...

a.    Tivo a súa orixe en Gran Bretaña a finais do século XVIII.
b.  Tivo a súa orixe en España a comezos do século XVIII.
c.     Provocou a invasión das tropas francesas.

8.    No século XIX, a clase alta estaba formada polos…

a.    Comerciantes e empresarios.
b.  Donos das fábricas, grandes comerciantes, banqueiros e aristócratas.
c.     Aristócratas e sindicatos.

9.    Despois da abdicación de Amadeo de Savoia, en España proclamouse unha…

a.    República.    b. Monarquía absoluta.  c. Monarquía liberal.

10.    No século XIX xurdiu...

a.    O Renacemento.      b. A xeración do 27.      c. O impresionismo.






Tamén tedes que rematar entre hoxe e mañá o vídeo sobre o cine, así que non vos poño tarefa de linguas.
Se alguén xa rematou, que vaia pensando en que traballo quere presentar para a revista "A Voz de Nadela", que este curso só se publicará de xeito dixital, así que podedes empregar toda a gama de cor que queirades!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Logros e retos da UE