lunes, 11 de mayo de 2020

Luns 11 de maio


Comezamos a semana con moitas ganas, non si?

Hoxe reábrese o prazo de matrícula que quedou interrompido a causa do confinamento. Todos vós redes a reserva de matrícula feita no IES Ollos Grandes, e non tedes nada que facer  estes días, agás que teñades idea de matricularvos noutro centro.

Imos co traballo de home! Primeiramente, o solucionario de CCSS


SOLUCIÓNS CCSS 08-05-20
Pax. 97 ex. 1
  • Co comezo da guerra da Independencia. Maio 1.808
  • Enfrontáronse os españois e o exército francés.Venceron os españois.
  • Aprobouse en Cádiz o 19 de marzo de 1.812

Pax. 97 ex. 2
  • Refírense aos dous grandes grupos políticos  que había.
  • Os absolutistas defendían a autoridade do rei, que debía gobernar sen render contas a ninguén.
  • Os liberáis querían limitar o poder do rei, elaborar unha constitución e elixir un goberno votado pola cidadanía.

Pax. 97 ex. 3
  • Foi a independencia de case todas as colonias españolas en América. 
  • Produciuse no reinado de Fernando VII.



MATEMÁTICAS

CCNN     Tema 7.   A enerxía e os cambios da materia


pax. 94 e 95
Recordamos: A enerxía é a razón de que ocorran cambios na natureza. Tamén se define como a capacidade que teñen os corpos para producir movemento, luz, calor, etc.
Propiedades da enerxía
A enerxía transfórmase (unha forma de enerxía pode pasar a outra), transfírese ( pode ir dun corpo a outro), almacénase ( pode gardarse) e transpórtase ( pode viaxar dun lugar a outro).
Formas de enerxía e as súas características
E. Mecánica:
 Teñen esta enerxía os corpos que se están movendo. A máis velocidade    máis enerxía teñen. E canta máis masa teña o corpo máis velocidade así, por exemplo, se cae unha pedra desde certa altura caerá con maior velocidade se a pedra ten máis masa.
E. Química
A teñen certas substancias como os alimentos, os combustibles e as pilas.
E. Eléctrica
A que nos da a corrente eléctrica. Obtense nas centrais eléctricas.
E. Luminosa:
 É a que contén a luz. A enerxía luminosa transfórmase en enerxía  eléctrica nas células fotovoltaicas (placas solares).
E. Térmica ou Calorífica
A teñen os corpos. Canta máis temperatura posúan maior é a súa  E. Calorífica.
E. Nuclear:
 A que teñen os combustibles nucleares (uranio e plutonio).  Nas centrais nucleares transfórmase en enerxía eléctrica.

LINGUA GALEGA


O absurdo:  unha ferramenta básica para marabillar cos teus contos
UTILIZA AS PALABRAS EN CONTRA DA LÓXICA E CONSEGUE QUE AS TÚAS HISTORIAS XEREN PRACER E DIVERSIÓN

Gustaríache escribir un conto marabilloso? Deses que fan voar a túa imaxinación, que che arrastran a un mundo onde todo é posible, que che deixan para sempre o recordo dun instante máxico de benestar. Si? Pois imos a iso.
Para facelo temos unha ferramenta única para escribir contos infantís: o absurdo. O absurdo é un ataque á lóxica, á razón, á realidade.
É creatividade, é disparate, é un  chispazo de marabilla que achega ao lector á beira máis  hedonista da literatura, a ler por puro goce e diversión.

Un exemplo moi claro de absurdo é o chiste. Pensa nalgún que che saibas. Agora fíxache: é toda unha historia. Ten as súa presentación, o seu nó e o seu desenlace. Un desenlace  despatarrante porque se serve precisamente do absurdo. A graza dos chistes vai sempre en contra da lóxica. Velo?
Esa é a maxia das palabras: que son capaces de despegar os nosos pés do chan, desafiando todas as leis de lóxica e de orde que rexen case todo o que facemos e pensamos.

Agora imos poñelo en práctica a través dun exercicio clásico de escritura creativa: o binomio fantástico de  Gianni  Rodari.

Para crear un binomio fantástico necesitas dúas palabras  inconexas. Que non teñan en principio nada que ver na realidade. Como can e mesa. Ou mazá e zapato. O exercicio consiste en unir estes dous conceptos a través dunha preposición e tomar o resultado como punto de partida para unha historia. Buscando sempre o disparatado.

Vexamos o primeiro exemplo. O can baixo a mesa non é que sexa moi inspirador, pero Mesa de can soa un pouco máis estraño non? Que sería unha mesa de can? Talvez un pobre can que se gañase a vida facendo de mesa portátil, deixando que os demais apoiasen as cousas sobre o seu lombo. Ou quizais unha mesa pensada especialmente para cans, na que os animais deixan as súas lentes ou comen con prato e garfo.
Velo? O teu esforzo por dar sentido ao que non o ten pon en marcha a túa imaxinación. É, por tanto, un punto de partida perfecto para o teu próximo conto, que terás que telo gardado na túa carpeta de Drive o xoves 14 de maio.

Perdido? Aquí máis información e algún truco...


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Logros e retos da UE