viernes, 15 de mayo de 2020

Venres 15 de maio

Bo día rapaces! Todo ben?

Correcións exercicios CCSS 14-05-20
Ex. 1 pax.99
Produciuse porque en España existía unha lei que impedía que as mulleres reinasen. Como Fernando VII non tivo fillos homes, cambiou a lei de sucesión ao trono para que puidese sucedelo a súa filla Isabel.
Esta decisión non foi aceptada polo irmán do rei Fernando VII, o infante don Carlos María Isidro. Así comezou a primeira das guerras carlistas, en que se enfrontaron os partidarios da raíña Isabel II e os que defendían os intereses do infante don Carlos María Isidro.
Ex. 2 pax. 99
Os monarcas que deben aparecer son: Carlos IV (1788- 1808), Xosé I Bonaparte (1808-1813), Fernando VII (1814- 1833), Isabel II (1833-1868), Amadeo I de Savoia (1871-1873), Afonso XII (1874-1885), Afonso XIII (1885-1931).
Ex. 3 pax. 99
Houbo tres formas de goberno: monarquía absoluta, monarquía constitucional e república. Monarquía absoluta: o rei concentraba todo o poder; monarquía constitucional: o poder do rei estaba limitado por unha constitución; república: o xefe do Estado era un presidente elixido polos cidadáns.
Ex. 4 pax. 99
  • España perdeu as súas últimas colonias en Cuba, Porto Rico e Filipinas.
 •  Durante a rexencia da raíña María Cristina.

MATEMÁTICAS: página 179 ejercicios 4, 5 y 9


Tema 7 – As mesturas e a súa separación. Pax. 96 e 97
A materia: Forma os obxectos de universo que se caracteriza porque se pode medir e ocupa un espacio.
Esta materia pode presentarse de diferentes formas chamadas substancias : ouro, agua, madeira, carbón, etc.
Tipos de substancias:
  • Puras: formadas por un só tipo de materia. Ex: prata, auga, osíxeno, diamante…
  • Mesturas: conxuntos formados por dúas ou máis substancias puras ás que chamamos compoñentes da mestura. Nas mesturas os componentes están xuntos pero é posible separalos. 
Tipos de mesturas:
  • Mesturas heteroxéneas: os compoñentes poden distinguirse a simple vista ou cun microscopio. Unha rocha de granito, a sopa, etc.
  • Mesturas homoxéneas ou disolucións: non é posible distinguir os compoñentes. As máis frecuentes son:
  1. Disolucións acuosas: o compoñente principal é auga líquida que contén cantidades variables doutros compoñentes como sales, outros líquidos, etc. Auga salgada. Auga + alcohol. Auga + dióxido de carbono.
  2. Mesturas de gases: como o aire que contén nitróxeno, osíxeno, dióxido de carbono, etc.
  3. Aliaxes: mesturas de dous ou máis metáis. O resultado ten propiedades distintas das que teñen os minerais que as forman. Para facer as aliaxes hai que fundir os metáis e mesturalos en estado líquido. O bronce, mestura de
 cobre + estaño. 
Separación de mesturas:
Algúns dos métodos de separación son:
  • Filtración: Separación de mesturas heteroxéneas de líquido+sólido ou dous sólidos de diferente tamaño. Úsanse filtros ou coadores.
  • Evaporación: para mesturas heteroxéneas de sólido+ líquido evaporando o líquido e quedando o sólido.
  • Destilación: tipo de evaporación en que se recolle o vapor e se condensa. Para separar sólidos de líquidos ou dous sólidos con distinta temperatura de ebulición.
  • Decantación: mesturas heteroxéneas de substancias con distinta densidades.
  • Imantación: para separar dous sólidos en que un pode ser atraído por un imán.


ÁREA DE LINGUAS

Déixovos a fin de semana sen outra tarefa máis que o guión para a curtametraxe do invento do cine. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Logros e retos da UE