lunes, 25 de mayo de 2020

Martes 26 de maio


Tema 7               As reaccións químicas          pax. 100 e 101
As reaccións químicas son procesos químicos nos que a materia sofre cambios estructurais que transforman unhas substancias noutras.
Nos cambios de estado a materia non se transforma, continúa sendo a mesma así un trozo de xeo que pasa a líquido segue sendo auga pero nas reaccións químicas as substancias iniciais ao final do proceso xa non son as mesmas, son outras.

Tipos de reaccións químicas
Entre outras podemos destacar:
OXIDACIÓN: Ocorre cando unha substancia se combina co osíxeno. Por exemplo os metáis que están en contacto co aire co tempo fórmase unha película sobre eles chamada óxido. Ésto ocórrelle ao ferro, á plata ou ao cobre, no caso destes dous últimos a capa que os recobre é de cor verdosa. É un proceso lento.
COMBUSTIÓN: É un caso especial de oxidación pero a deferencia é que sucede moi rápidamente.
Unha substancia chamada combustible combínase co osíxeno producíndose unha chama e despréndese moita calor. Por exemplo, a madeira ao arder transfórmase en dióxido de carbono (CO2) e cinza.
FERMENTACIÓN: Éstas ocorren nos seres vivos pola acción de bacterias ou fermentos. Empréganse para  producir  substancias como o iogur, pan, etc.
Importancia das reaccións químicas
As reaccións químicas son importantísimas na nosa vida, ao noso arredor están ocorrindo constantemente:
  • A calor que se produce nas combustións transfórmase noutros tipos de enerxía, fundamentalmente mecánica e eléctrica. Os coches teñen motores de combustión e a calor que se produce transfórmase en movemento.
  • Ao cociñar prodúcense reaccións químicas nos alimentos. As fermentacións úsanse por exemplo, para facer pan, etc.
  • Nas industrias químicas as reaccións químicas serven para obter produtos como plásticos, medicamentos, etc.
  • Os seres vivos na dixestión producen  reaccións químicas coas que obteñen  enerxía.

*** Déixovos un enlace para saber máis das reaccións químicas.




GUIÓN

Dado que se produxo un empate entre dous guións sobre cinema, emito o meu "voto de calidade" e quedámonos co de Aurora, Alicia, Sabela  P,  Cludia Mª e Claudia  P, simplemente, por ter moi ben definidos os personaxes econtar de forma moi sinxela a evolución do cinema.

Repartín o guión entre todos vós. A cada un correspóndelle un fragmento que deberedes plasmar  graficamente da maneira que  prefirais: gravar un pequeno vídeo, facer uns debuxos, elaborar un cómic, representar vós e alguén da vosa contorna o fragmento... contalo nun rap... deixade voar a vosa imaxinación!!

O malo é o prazo... Tedes ata o venres 29, para poder enviarme e así montalo eu a fin de semana e entregalo o
luns.

Antes de que me preguntedes... si, podedes cambiar de mutuo acordo o anaco que vos tocou... pero cambiade o nome no documento, para poder organizalo eu máis  facilmente. 

Faremos videoconferencia o mércores para que teñades un par de días para  ler e pensar.

O propio mércores ás 9:00 confírmovos a hora.

Que pasedes un bo día!

PD: Para que ninguén teña que repetido: en galego!!
PD2: Se a maiores, algún quere realizar o seu guión, que fale comigo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Logros e retos da UE