lunes, 18 de mayo de 2020

Luns 18 de maio

Bo día rapaces!
Como foi a fin de semana?

Imos ao choio!  Só queda un mes de clase... a por todas!




En lingua galega, imos participar en este concurso:


IX Certame de Relatos Breves Feiraco

IX Certame de relatos breves FEIRACO
Chega a IX edición do noso tradicional certamen de relatos, que organizamos en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia con motivo das Letras Galegas 2020. Amosa a túa creatividade literaria e podes ser un dos 3 gañadores deste 2020, que este ano se adican a Ricardo Carvalho Calero.

Participar é moi sinxelo:

  1. Redacta un relato breve orixinal en galego que comece coa frase: «Á sombra daquel carballo centenario...»

  2. O relato terá un máximo de 500 caracteres con espazos, incluída a frase inicial.

  3. Participa ata o 31 de maio de 2019.

  4. Un xurado de Feiraco e a Secretaría Xeral de Política Lingüística será o encargado de seleccionar os 3 gañadores segundo os criterios incluídos nas bases legais.


«Que a inspiración te colla escribindo.
Participa agora!
».



Ide escribiendo o texto en un documento de Drive, co título "Concurso Feiraco"  O editor de texto contabilizaravos as palabras.  Aínda que a convocatoria di que é ata o 31 de maio, tedes que telo escrito antes do 
venres 22 ás 23:59. ;P

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Logros e retos da UE